Vicente Clavero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vicente Clavero
Nacemento1958
Lugar de nacementoMálaga
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Vicente Clavero Martín, nado en Málaga en 1958, é un xornalista andaluz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid dende o ano 1980. Foi redactor da axencia de noticias Europa Press e do diario ABC. Formou parte do equipo fundacional de Expansión e mais de Diario Médico. Dirixiu El Correo de Andalucía. É columnista do diario Público, onde analiza principalmente asuntos relacionados coa economía. Amais, en 2009 foi nomeado director de comunicación deste xornal.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Su Eminencia (2007)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Clavero, nomeado director de comunición de Público, nova aparecida en infoperiodistas.info en xuño de 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]