Verónica (filme)
Aparencia
Verónica | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Verónica |
Director | Paco Plaza |
Produtor | Enrique López Lavigne María Angulo Mar Ilundain |
Guión | Paco Plaza Fernando Navarro |
Intérpretes | Sandra Escacena Ana Torrent Leticia Dolera |
Música | Chucky Namanera |
Fotografía | Pablo Rosso |
Estrea | 2017 |
Duración | 105 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Terror |
Recadación | € 3 525 648 |
Na rede | |
Verónica é un filme español de terror española estreado en 2017, dirixido por Paco Plaza. Para a súa realización, o director contou con catro novos debutantes: Sandra Escacena, Bruna González, Claudia Placer e Iván Chavero, ademais da coñecida actriz Ana Torrent.[1]
O guión de Paco Plaza e Fernando Navarro está inspirado nunha historia real (o expediente Vallecas), que tivo lugar nos anos 90 en Vallecas, Madrid.
Sinopse[editar | editar a fonte]
Madrid, anos 90. Barrio de Vallecas. Despois de xogar cunha ouija coas súas compañeiras, Verónica comeza a sufrir ameazas por elementos sobrenaturais na súa casa, que queren facerlle dano a ela e aos seus.[2]
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Sandra Escacena como Verónica
- Bruna González como Lucía, irmá de Verónica
- Claudia Placer como Irene, irmá de Verónica
- Iván Chavero como Antoñito, irmán de Verónica
- Ana Torrent como Ana, a nai de Verónica
- Consuelo Trujillo como a Irmá Morte
- Leticia Dolera como profesora de Historia