Venéridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Venéridos
Veneridae
Venus verrucosa
Venus verrucosa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Subclase: Heterodonta
Orde: Veneroida
Superfamilia: Veneroidea
Familia: Veneridae
Rafinesque, 1815 [1]
Xéneros
Véxase o texto

Os venéridos (Veneridae) son unha ampla familia de moluscos bivalvos heterodontes da orde dos veneroides e superfamilia dos Veneroidea.

Comprende máis de 500 especies, moitas das cales son comestibles e explotadas como fonte de alimento. As máis coñecidas son as ameixas.

Características[editar | editar a fonte]

As principais características desta familia son as seguintes:

  • Posúen un ligamento posterior externo.
  • Presentan unha área anterior ben marcada, chamada lúnula.
  • Posúen tres estruturas encaixables, os dentes cardinais, na parte superior de cada valva, e mais dentes laterais anteriores ós dentes cardinais nalgunhas especies: un na valva esquerda e dous na valva dereita.
  • As marxes inferiores internas das valvas poden estar finamente dentadas ou ser lisas.
  • A superficie da cuncha tende a ser concéntrica, se ben tamén hai ornamentacións radiais e bifurcacións. En ocasións aparecen espiñas.

Galería das ameixas galegas[editar | editar a fonte]

Clasificación taxonómica[editar | editar a fonte]

Segundo o Integrated Taxonomic Information System (ITIS) clasifícanse nos seguintes xéneros:[1]

A sistemática desta familia é obxecto de controversia. Keen estableceu unha clasificación en 1969 en 12 subfamilias. Algúns xéneros foron reclasificados noutras subfamilias e outros foron anulados para outorgarlles outra denominación actualizada. Por todo isto a clasificación taxonómica dos venéridos cambia segundo a bibliografía consultada.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Keen, A. M. (1969): "Superfamily Veneracea". pp. 670–690, in: Leslie Reginald Cox et al., Part N [Bivalvia], Mollusca 6, vols. 1 and 2: xxxvii + 952 pp. Part of Raymond C. Moore, ed., Treatise on Invertebrate Paleontology. Lawrence, Kansas (Geological Society of America & University of Kansas).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]