Saltar ao contido

Veciñanza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Veciñanza
Logotipo
 Instancia de
Características
 Posición política
Datas
 Fundación / creación
2015 Editar o valor en Wikidata
 Fin de actividade
2023 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
 Área de operación
Fontes e ligazóns
Facebook: vecinhanza Twitter: vecinhanza Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Veciñanza foi un partido político de esquerdas de ámbito local de Cuntis[1] creado en 2015.

Xurdiu como unha candidatura municipalista constituída en Cuntis a comezos do ano 2015 coa vontade de concorrer ás eleccións municipais do 24 de maio dese mesmo ano.[2] A candidatura contou con persoas procedentes dos ámbitos do asociacionismo cultural e deportivo, do activismo local e do sindicalismo.[3]

Nas eleccións municipais de 2015 obtivo un total de 672 votos (22,36 %) e acadou dous concelleiros,[4] Santi Martínez e Saleta Fernández de la Torre.[5] Malia apoiar a investidura do alcalde socialista Manuel Campos Velay,[6][7] non formou parte do goberno e desenvolveu a súa tarefa política dende a oposición na Corporación municipal de Cuntis.[8] Veciñanza participou nalgunhas das tentativas de artellamento das chamadas mareas cidadás que durante os meses posteriores se deron en Galicia, pero sen acordar ningunha relación orgánica con outras formacións políticas. A súa acción política apoiouse en dous eixos en permanente contacto: a acción institucional e a presenza social.

Nas eleccións municipais de 2019 obtivo 477 votos (o 16’14%) e mantivo os seus dous asentos na Corporación Municipal.[9] Saleta Fernández e Santi Martínez foron de novos as persoas elixidas. Non compareceu ás eleccións municipais de 2023.[10]

  1. ↑ Outeiro, M. (12-06-2015). "A esquerda de Cuntis lima asperezas e avanza cara ao pacto". La Voz de Galicia. Consultado o 25-01-2026.
  2. ↑ "Veciñanza de Cuntis presenta candidatura". Faro de Vigo (en castelán). 22-04-2015. Consultado o 25-01-2026.
  3. ↑ "A candidatura". Veciñanza. Arquivado dende o orixinal o 19-09-2019.
  4. ↑ "Resultado municipales 2015 Cuntis". El País (en castelán). Consultado o 25-01-2026.
  5. ↑ Salgado, Fernando (13-02-2018). "Veciñanza pide al Concello de Cuntis que ponga en marcha un plan de ocho iniciativas". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 25-01-2026.
  6. ↑ "O acordo entre Veciñanza, BNG e PSOE en Cuntis desbloquea a investidura de Manuel Campos". La Voz de Galicia. 13-06-2015. Consultado o 25-01-2026.
  7. ↑ d. g. (14-06-2015). "Campos ofrece más transparencia en la etapa con "mayor pluralidad democrática" de Cuntis". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 25-01-2026.
  8. ↑ Otero, Manu (28-06-2015). "PSOE e BNG de Cuntis acadan un acordo no que non participa Veciñanza". La Voz de Galicia. Consultado o 25-01-2026.
  9. ↑ "Resultado municipales 2019 Cuntis". El País (en castelán). Consultado o 25-01-2026.
  10. ↑ "Veciñanza non concorrerá ás eleccións municipais do 28 de maio de 2023". Veciñanza (Facebook). 05-05-2023. Consultado o 25-01-2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]