Vasoiriña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vasoiriñas de carbón.

As vasoiriñas[1] son ás pezas que nunha máquina eléctrica conectan un circuíto fixo con outro móbil.

A configuración normal está formada por unha serie de aneis (dous en corrente monofásica e tres en trifásica) aos que se conecta cadansúa vasoiriña. Nas máquinas de corrente continua, en lugar de aneis existe un colector. Hoxe tamén son moi comúns os motores sen vasoiriñas.

Historia[editar | editar a fonte]

Comutador con vasoiriña

O primeiro elemento que se utilizou para levar corrente eléctrica dunha masa xiratoria a unha masa estacionaria foi, precisamente, unha vasoiriña ou brocha. O inventor, tomando un cable cunha serie de filamentos metálicos, agrupounos cun anel metálico, como unha brocha de barbear, e conectouno a unha forma de anel rozante. De aí que o seu nome orixinal en inglés fose brush. Esta solución resultou ser relativamente práctica para máquinas pequenas e lentas, pero na medida que as potencias dos xeradores se foron facendo máis importantes, a brocha de pelos metálicos fíxose insuficiente porque era moi fráxil.

Pasouse entón á vasoiriña sólida, primeiro de metal e, hoxe, de carbón.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]