Vaselina (fútbol)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A vaselina, sombreiro ou globo, no contexto do fútbol, é un disparo suave con traxectoria parabólica moi curva que fai voar a pelota por riba dun ou varios xogadores contrarios, especialmente sobre o porteiro para converter un gol.

Os goles realizados facendo que o balón suba por riba do porteiro e baixe antes de entrar a portería son moi elegantes se se realizan con suavidade. Esta forma de marcar goles é especialmente característica dos futbolistas arxentinos Ariel Ortega, Gonzalo Higuaín e Lionel Messi, dos españois Raúl González e David Villa, e do dianteiro ou centrocampista ofensivo italiano Francesco Totti.

E foi perfeccionada ao máximo polo holandés Dennis Bergkamp.