Saltar ao contido

Vanth (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vanth
 Instancia de
 Epónimo
Vanth (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Designación provisional
S/2005 (90482) 1 Editar o valor en Wikidata
 Astro pai
Características orbitais
Excentricidade orbital0,00091 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital105,03 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital9,539154 d Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior8.999,8 km Editar o valor en Wikidata
Lonxitude do nó ascendente53,49 ° Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro475 km e 442,5 km Editar o valor en Wikidata
Masa87 Zg Editar o valor en Wikidata
Densidade1,5 g/cm³ Editar o valor en Wikidata
Albedo0,08 Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente21,8 Editar o valor en Wikidata
Magnitude absoluta4,88 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
13 de novembro de 2005 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/05sy5m0 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Vanth, oficialmente (90482) Orcus I Vanth, é o único satélite natural que se lle coñece ó plutino é moi posiblemente planeta anano Orcus. Foi descuberto por Mike Brown e T.-A. Suer usando imaxes tomadas polo Telescopio Espacial Hubble o 13 de novembro do 2005.[1] O seu descubrimento foi confirmado o 22 de febreiro do 2007 na circular 8812 da UAI.[2]

A lúa orbita Orcus "nun círculo case perfecto", cunha período orbital de case 10 días.[3] Brown sospeita que coma no caso de Plutón e Caronte, Orcus e Vanth están ancorados gravitacionalmente.[3]

Propiedades

[editar | editar a fonte]

Vanth foi atopado a só 0,25 arcsec respecto de Orcus, cunha diferenza na magnitude absoluta de 2,7±1,0.[1] As estimacións feitas por Mike Brown no 2009 indican que a magnitude aparente de Vanth é de 21,97 ± 0.05, o cal significa que é 2,54 ± 0,01 magnitudes menos brillante cá Orcus.[4] Isto suxire que ten un diámetro duns 280 km ou o que é o mesmo, que ten un diámetro 3,2 veces máis pequeno có seu primario, asumindo que teñan albedos semellantes.[4] Pensase que a diferenza de cores entre Orcus (neutral) e Vanth (vermello), suxire que está última podería ter un albedo dúas veces menor có de Orcus,[4] polo tanto Vanth podería ter máis de 380 km de diámetro, cun Orcus que estaría nos 860 km de diámetro.[4] A masa de Vanth tamén depende do albedo que posúa, a cal pode variar entre o 3% ó 7,5% da masa total do sistema.[4]

O satélite non semella ser coma outros satélites que teñen a súa orixe nun evento de colisión, xa que o seu espectro é bastante diferente en relación có do seu primario, o cal podería indicar que foi un obxecto do cinto de Kuiper capturado.[3]

Unha vez descuberta, Vanth recibiu a designación provisional de S/2005 (90482) 1. O 23 de marzo do ano 2009, Brown pediulles ós lectores da súa columna semanal que suxerisen posibles nomes para a lúa, o mellor deles seríalle enviado á Unión Astronómica Internacional (UAI) o 5 de abril do mesmo ano.[3] O nome de Vanth provén dunha deusa da mitoloxía etrusca que guiaba as almas dos mortos ó inframundo e foi escollido entre unha manchea de suxestións. Vanth foi a única proposta puramente etrusca, foi a suxestión máis popular e foi suxerida en primeira instancia por Sonya Taaffe.[5] Está suxestión foi avaliada e aprobada pola UAI nunha circular emitida 30 de marzo do 2010.[6]

A etrusca Vanth é frecuentemente asociada coa compañía de Caronte, así mesmo tamén o sistema de Orcus (alcumado o "anti-Plutón" por culpa da resonancia que posúe con Neptuno, o que fai Orcus sempre estea mirando cara oposta do Sol, respecto da que está mirando Plutón) e Vanth é comparado co sistema de Plutón. Brown citou tamén a Taaffe cando dicía que Vanth "acompañaba as almas dos mortos dende o momento da súa morte ata a súa viaxe ó inframundo, do mesmo xeito que a súa cara sempre miraba cara Orcus", unha referencia á posible órbita sincrónica de Vanth respecto de Orcus.[5]

  1. 1 2 Daniel W. E. Green (22-02-2007). International Astronomical Union Circular, ed. "IAUC 8812: Sats OF 2003 AZ_84, (50000), (55637),, (90482)". Consultado o 04-07-2011.
  2. Wm. Robert Johnston (04-03-2007). Johnston's Archive, ed. "(90482) Orcus". Consultado o 26-03-2009.
  3. 1 2 3 4 Michael E. Brown (23-03-2009). Mike Brown's Planets (blog), ed. "S/1 90482 (2005) precisa da túa axuda". Consultado o 25-03-2009.
  4. 1 2 3 4 5 Brown, M.E.; Ragozzine, D.; Stansberry, J.; Fraser, W.C. (2010). "The size, density, and formation of the Orcus-Vanth system in the Kuiper belt". The Astronomical Journal 139 (6): 2700–2705. Bibcode:2010AJ....139.2700B. arXiv:0910.4784. doi:10.1088/0004-6256/139/6/2700.
  5. 1 2 Michael E. Brown (2009-04-06). "Orcus Porcus". Mike Brown's Planets (blog). Consultado o 2009-04-06.
  6. minorplanetcenter.org, ed. (2010). "Minor planet circular" (PDF). Consultado o 08-08-2010.