Vanessa Valdiglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVanessa Valdiglesias
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía e genetic toxicology (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbióloga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Vanessa Valdiglesias García, nada na Coruña en 1980, é unha biológa galega. En 2015 foi recoñecida como Mellor Investigadora Xove de Europa pola Sociedade Europea de Xenómica e Mutaxénese Ambiental.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en 2002 pola Universidade da Coruña.[3]. Posteriormente realizou un máster en Biotecnoloxía na Universidade de Granada. En 2005 comezou o doutoramento no Departamento de Bioloxía Celular e Molecular da Universidade da Coruña que finalizou en 2010 con Premio Extraordinario.[3] Traballa como investigadora da toxicoloxía xenómica para coñecer como afectan ao organismo humano determinadas substancias cotiás e na identificación de biomarcadores para a detección precoz de fraxilidade, un síndrome xeriátrico.[1]

Forma parte do nodo galego da asociación AMIT.[4] En 2016 formou parte da selección de científicas galegas da axenda feminista do Observatorio da Mariña pola Igualdade.[5][6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa traxectoria recibiu varios premios como o Premio da Real Academia Galega de Ciencias ao Investigador Xove (2007),[7] Premio Galega Destacada 2016 [8] e, recentemente, o premio Emergent Scholar 2019 polo seu traballo na investigación do envellecemento.​[9]En 2021 é elixida como unha das dez científicas máis relevantes de España pola Fundación Aquae.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Alonso, Mila (2019-02-09). "Vanessa Valdiglesias: "A ciencia nunca foi unha prioridade neste país"". GCiencia. Consultado o 2020-04-24. 
  2. "La mejor investigadora joven de Europa: «La inversión en ciencia está lejos de lo aceptable»". abc (en castelán). 2015-09-12. Consultado o 2020-04-24. 
  3. 3,0 3,1 "Vanessa Valdeiglesias García. Investigadora contratada.". 
  4. "Galicia". AMIT (en castelán). 2015-10-22. Consultado o 2020-10-25. 
  5. "Axenda Feminista 2016: Científicas Galegas. Observatorio da Mariña pola Igualdade". Consultado o 2020-08-21. 
  6. "Científicas gallegas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2015-12-23. Consultado o 2020-08-21. 
  7. "Vanessa Valdiglesias García – Inspira STEAM" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-09-05. 
  8. "Galegas Destacadas subraya la ciencia que lleva nombre de mujer". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-02-07. Consultado o 2020-04-24. 
  9. "La investigadora Vanessa Valdiglesias recibe el premio Emergent Scholar 2019". AMIT (en castelán). 2019-06-10. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-24. 
  10. Carro, Ana (2022-01-11). "“Tenemos que retener el talento que se forma y captar el talento que ha emigrado”". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-01-15.