Valentín Méndez Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 ![]() Baralla, España ![]() |
Morte | 6 de decembro de 1974 ![]() Lugo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, funcionario ![]() |
![]() |
Valentín Méndez Rodríguez, nado en Baralla en 1900 e finado en Lugo o 6 de decembro de 1974, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na Segunda República foi oficial do concello de Neira de Xusá. Pertenceu á Agrupación Socialista de Neira de Xusá, da que foi elixido secretario-contador en 1931. En 1936 era membro do Comité de Propaganda do Estatuto de Autonomía.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído como oficial auxiliar do concello de Neira de Xusá o 31 de xullo.[1] Detido o 4 de febreiro de 1937, ingresou no cárcere de Lugo e pasou ao Depósito Municipal de Mondoñedo o 10 de marzo. En 1940 foi denunciado por contactos co fuxido Domingo Pérez Gándaras e desterrado durante un ano e quince días a Mombeltrán (Ávila) por orde do Xefe da Terceira Columna de Operacións de Asturias pola súa "marcada tibieza para la Causa". Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en febreiro de 1943,[2] que foi sobresido en abril ano seguinte.[3]
Volveu ser detido e o 12 de febreiro de 1946 e ingresou no cárcere de Lugo encartado no proceso 75/1946. O 9 de marzo foi conducido ao Cárcere da Coruña para ser xulgado en consello de guerra canda outras 63 persoas. En xuño de 1952 dirixiu un escrito ao gobernador civil de Lugo solicitando ser reposto na súa praza como funcionario do concello de Neira de Xusá. A resposta foi desestimatoria malia o pleno municipal recoñecer que a sanción de separación de servizo "es considerada excesiva por esta Corporación".[4]
Despois foi secretario do xulgado de paz de Baralla. Finou en Lugo o 6 de decembro de 1974.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Díaz Fouz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOP Lugo, 4-11-1936, p. 3.
- ↑ BOE, 13-4-1943, p. 1420.
- ↑ BOE, 18-5-1945, p. 1731.
- ↑ Expediente de revisión da depuración de Valentín Méndez Rodríguez
- ↑ Necrolóxica en El Progreso, 7-12-1974, p. 2.