Saltar ao contido

Valentín Castreje

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Valentín Castreje Lizancos»)
Modelo:BiografíaValentín Castreje
Biografía
Nacemento1923 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte9 de outubro de 2002 Editar o valor en Wikidata (78/79 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Fisterra
1999 – 9 de outubro de 2002 (finado no cargo)
← Ernesto Ínsua OlveiraJosé Manuel Traba Fernández →
Alcalde de Fisterra
1979 – 1991 – José Fernando Carrillo → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, fareiro Editar o valor en Wikidata

Valentín Castreje Lizancos, tamén escrito Valentín Castrege, nado en 1923 e finado na Coruña o 9 de outubro de 2002, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fareiro de profesión, foi candidato pola UCD á alcaldía de Fisterra nas municipais de 1979 saíu elixido rexedor. Foi reelixido en 1983 e en 1987, nesta ocasión en representación de Coalición Progresista Galega, a plataforma electoral de Coalición Galega.

En 1991 gañou as eleccións tamén, neste caso en representación do Partido Popular, pero perdeu a maioría absoluta e apoiou como alcalde ó único edil do CDS, Fernando Carrillo Ugarte. Porén, a posterior falta de entendemento entre ambos supuxo que Carrillo formase un goberno co PSdeG-PSOE e o BNG en marzo de 1992.

Foi de novo candidato nas municipais de 1995, pero non recuperou a maioría absoluta e o goberno entre centristas, socialistas e nacionalistas continuou co socialista Ernesto Ínsua Olveira na alcaldía. Volveuse presentar ás eleccións en 1999, conseguiu cinco concelleiros (maioría relativa) e recuperou a alcaldía ante a falta de acordo dos outros partidos, gobernando en minoría.

Faleceu a poucos meses do termo desa lexislatura, en outubro de 2002.


Predecesor:
Juan Ínsua Castro
 
Alcalde de Fisterra
 
1979 - 1991
Sucesor:
José Fernando Carrillo Ugarte
Predecesor:
Ernesto Ínsua Olveira
 
Alcalde de Fisterra
 
1999 - 2002
Sucesor:
José Manuel Traba Fernández

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]