Río Valdueza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Valdueza
PaísEspaña
NacementoMontes Aquilianos
Lonxitude20 km
DesembocaduraRío Sil

O Valdueza é un pequeno río que flúe na comarca do Bierzo, na provincia de León. É un afluente do Sil pola súa beira esquerda.

Nome[editar | editar a fonte]

O nome medieval do río era Ozza. As poboacións do seu curso medio, xa por embaixo do mosteiro de San Pedro de Montes, sito a 980 m de altura, formaban parte do primitivo couto do dito mosteiro, e o conxunto era denominado Val. Obviamente era o Val de Ozza, sintagma do que por evolución, con diptongación do -ó- de Ozza, se formou Valdueza, nome que fosilizado con o paso do tempo, obrigou a que o río fose denominado o río de Valdueza, que é o nome actual do curso.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Valdueza nace nos montes Aquilianos, no sur do Bierzo, cerca de cova de san Xenadio, nas proximidades de Peñalba de Santiago, no Val do Silencio, a uns 1.000 m de altitude.

Baixa encaixado nos seus primeiros quilómetros, até abrirse formando a Valdueza, onde se asenta San Esteban de Valdueza. Logo volta a encaixarse para baixar cara o Bierzo Baixo, onde xa se move por terreo menos quebrado, uníndose con o Sil á altura de Toral de Merayo.

A súa lonxitude é de apenas 20 km. Dado o seu curto percorrido e o encaixado do río, os afluentes son de escasa entidade.