Saltar ao contido

VHF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

VHF (Very high frequency) é a frecuencia de radio que cobre o rango entre os 30 MHz e os 300 MHz, sitúase entre a HF (High Frecuency) e a UHF (Ultra High Frecuency).

  • Televisión, nas frecuencias 47-68 MHz e 174-223 MHz
  • Radio FM, frecuencias 88-108 MHz
  • Aviación, frecuencias 108 - 136.975 MHz
  • Satélites meteorolóxicos, frecuencia 137 MHz
  • Radioafeccionados, frecuencias 144-146 MHz
  • Servizo radiomarítimo, frecuencias 156-162 MHz
  • Outras frecuencias emprégaas a policía, bombeiros, ambulancias ou servizos militares.