Víctor Castro Balbuena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Víctor Castro Balbuena
Nacemento1977
 Madrid
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Víctor Ángel Castro Balbuena, coñecido como Víctor Castro, nado en Madrid en 1977 e residente en Vilagarcía de Arousa, é un filólogo español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licencidado en filoloxía románica e filoloxía xermánica. En 2011 cursaba o doutoramento en lingüística na Universidade de Santiago de Compostela.[1]

Viviu durante uns anos no estranxeiro, especialmente en países como Alemaña ou Finlandia; neste último, exerceu de asistente de castelán.[2]

É coñecido polo seu paso polo programa Saber y Ganar de Televisión Española, onde se converteu no segundo concursante en acadar os 100 programas de forma continuada o 1 de xuño de 2011. Ademais, bateu a plusmarca de recadación económica, con 78.820€, que até daquela ostentaba o concursante maño José Manuel Dorado, con 73.780€.

Durante a súa estadía no programa, Víctor Castro estaba inscrito na oficina de desemprego.[3] Así mesmo, participou das Protestas de maio de 2011 en España, acudindo en varias ocasións ás acampadas.[4]

En 2014 volveu participar en Saber y ganar en calidade de concursante emérito[5].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Fernanda Barros (concurante "magnífica" coruñesa)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]