Saber y Ganar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Saber y Ganar é un programa de televisión español de ámbito estatal consisente nunha serie preguntas e respostas, e dirixido por Sergi Schaaff.

Características[editar | editar a fonte]

Está presentado por Jordi Hurtado e Juanjo Cardenal, coa colaboración de Pilar Vázquez, e emítese, en diferido, de luns a venres, ás 15:38, por La 2 de Televisión Española. Desde o 15 de outubro de 2011 tamén é emitido os sábados e domingos á mesma hora. Tamén é transmitido, tamén en diferido, pola Canle Internacional de Televisión Española, dependendo a hora de emisión segundo a zona xeográfica. Os fíos e sintonías musicais están compostos por Victor Martín.

En Saber y Ganar compiten tres concursantes que deben responder correctamente a preguntas de cultura xeral en diversas probas. Cada día, o concursante clasificado en segundo lugar debe superar unha proba máis, La calculadora humana, para poder conservar o que gañou durante o concurso. Os tres participantes teñen a oportunidade de conseguir un diñeiro extra contestando correctamente á penúltima proba, La parte por el todo. Na última proba do programa, o concursante que caeu eliminado en Última llamada ten a posibilidade de volver concursar no programa seguinte se supera El reto.

O concursante Víctor Castro bateu a plusmarca de recadación económica, con 78.820€, que até daquela ostentaba o concursante maño José Manuel Dorado, con 73.780€. Ambos os dous son os únicos participantes en chegar de maneira continuada aos cen programas de límite que marca o programa para un mesmo concursante.

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]