Vía Crucis de Robledo de Chavela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Vía Crucis de Robledo de Chavela é un monumento, construído en 1770, que está formado por un conxunto de catorce cruces de granito, de 2,15 m de altura, aliñadas ao longo dunha lonxitude de 140 m, nos arredores da vila e que representan as distintas estacións de penitencia.

O monumento finaliza nun calvario, de 3,30 m de altura, cuxas tres cruces se alzan sobre unhas bancadas en forma de pirámide, de 45 cm de altura. As cruces laterais (as que representan aos ladróns), teñen forma de tau (letra t), mentres que a central, que representa a de Xesucristo, é latina.

Atópase situado ao sur do municipio na estrada en dirección ás Navas del Rey.

Sobre o mesmo consta a lenda dos subterráneos do Vía Crucis: segundo a antiga lenda cóntase que baixo Robledo de Chavela se estende unha rede de misteriosos túneles escavados desde os tempos nos que, no lugar que ocupa a actual Igrexa da Asunción da Nosa Señora, se elevaba o castelo do Señor de Robledo de Chavela, desde cuxa torre oito soldados permanecían vixiantes durante toda a noite, en vela (de aí a denominación de Chavela). Dito Señor mandara construír unha longa rede de túneles con alxubes, que chegarían até o actual Vía Crucis da vila.