Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Uzy-Bory (en udmurto:Узы-Боры, en ruso:Ягода-Клубника) é un filme ruso-polaco de 2011, rodado en lingua udmurta, e dirixido por Piotr Pałgan. Baséase nunha historia de Darali Leli, quen tamén escribiu o guión. O filme foi producido polo estudio udmurto-polaco "Inwis kinopottonni". Antes de que o filme fose estreado, a historia do cinema udmurto compoñíase só de dous filmes, Соперницы ("The Rivals", 1929) e Тень Алангасара ("The Shadow of Alangasar", 1994).