Uzeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uzeda
OrixeCatania, Italia Italia
Período1987 - presente
Xénero(s)rock alternativo, math rock, noise rock
Selo(s) discográfico(s)Touch and Go Records
MembrosGiovanna Cacciola
Agostino Tilotta
Raffaele Gulisano
Davide Oliveri
Antigos membrosGiovanni Nicosia
Artistas relacionadosBellini
Na rede
http://www.uzedatheband.com
MySpace: uzedatheband Last fm: Uzeda Musicbrainz: 9cb56cf1-bd4a-4d59-8ecb-dc412f595dd3 Songkick: 178331 Discogs: 387784 Allmusic: mn0000253647 Deezer: 6587915 Editar o valor em Wikidata

Uzeda é unha banda italiana de rock alternativo fundado en Catania no ano 1987 polo vocalista Giovanna Cacciola, os guitarristas Agostino Tilotta e Giovanni Nicosia, o baixista Raffaele Gulisano e o batería Davide Oliveri.[1]

Steve Albini coñeceu ao grupo despois do lanzamento do seu álbum de estrea, Out of Colours, e fixéronse grandes amigos; dende ese momento Albini gravou todos os seus discos agás The Peel Sessions.

En 1994 a banda foi convidada ao programa da BBC John Peel Show, e desas gravación publicouse un álbum. Ao final dese ano Nicosia deixou a banda.[1]

Despois da xira de promoción de Different Section Wires, a banda iniciou un longo hiato, e Cacciola e Tilotta formaron Bellini, xunto co batería Damon Che de Don Caballero, e o baixista Matthew Taylor, editando o traballo Snowing Sun a través de Monitor Records e Palace Records. Despois de que Damon Che fose substituído por Alexis Fleisig (Girls Against Boys), Bellini publicou Small Stones e The Precious Prize of Gravity a través do selo Temporary Residence Limited. Durante este período Oliveri e Gulisano gravaron o álbum de 2001 Aria con Gianna Nannini, ademais de música para os debuxos animados de Enzo D'Alò Momo alla conquista del tempo.

En 2006 Uzeda regresou cun novo álbum, Stella, gravado novamente por Steve Albini.[1] En 2019 a banda publicou o seu derradeiro álbum ata a data, Quocumque jeceris stabit.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Out of Colours 1991 A.V. Arts
Waters 1993 A.V. Arts
The Peel Sessions 1994 Strange Fruit Records
4 1995 Touch and Go Records
Different Section Wires 1998 Touch and Go Records
Stella 2006 Touch and Go Records
Quocumque jeceris stabit 2019 Temporary Residence Limited

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Uzeda | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • [ Páxina da banda]