Usuario:XustoRguez/Matraz erlenmeyer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matraz erlenmeyer de 50 ml

O matraz erlenmeyer, tamén coñecido como erlenmeyer é un matraz con forma de cono truncado deseñado polo químico inglés Emil Erlenmeyer, e un dos recipientes de vidro máis amplamente utilizados no traballo de laboratorio.

Función[editar | editar a fonte]

Emprégase para armar estruturas de destilación ou para provocar a reacción de substancias que precisan un longo período de quecemento; e tamén para conter líquidos que se queren conservar durante longos períodos de tempo, ou protexer da incidencia directa da luz solar.

Técnicas en que se usa[editar | editar a fonte]

Emprégase para realizar mesturas por axitación e para a evaporación controlada de líquidos, xa que a súa forma troncocónica evita en gran medida a perda do líquido; ademais ao dispor dun colo estreito é posible tapalo con rollas, sobre todo das de tipo esmerilado, ou con algodón hidrófobo.

Tamén se emprega no canto do clásico vaso de precipitados cando é preciso axitar constantemente un medio líquido (como ocorre nas titulacións) sen perigo de derramalo, ou cando se traballa con reaccións químicas violentas.

Serve tamén para quentar sustancias a temperaturas altas aínda que non vigorosamente; para esta tarefa é máis acaído o matraz de destilación.

En microbioloxía emprégase para preparar caldos de cultivo.


Enlaces externos[editar | editar a fonte]