Matraz de destilación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matraz de destilación

Un matraz de destilación[1] é un tipo de matraz de fondo esférico deseñado especialmente para facer destilacións; por iso ten un colo longo na metade do cal conta cunha saída inclinada cara a abaixo, que permite a conexión cun refrixerante. Normalmente fabrícase de vidro ou de plástico especial.

A súa maior vantaxe en comparación con outro material de vidro do laboratorio é que a súa base arredondada permite axitar ou remexer de forma doada o seu contido sen perigo de que verta por fóra. Pero ese mesmo fondo esférico faino tamén moi inestable e susceptible a caer se non se coloca no soporte adecuado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "matraz de destilación". Digalego: dicionario de galego. Consultado o 12/07/2017.