Usuario:Teresa estvz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


IES As Lagoas[editar | editar a fonte]

IES As Lagoas
Enderezo
r/ Eduardo Blanco Amor, 2, 32004 - Ourense
Datas
Creación1977
Educación
EnsinanzasESO e Bacharelato
Xestión
TipoPúblico
Xunta de Galicia
Outros nomes
Instituto de Ourense
Na rede
[www.edu.xunta.gal/centros/iesaslagoas]

A ORIXE[editar | editar a fonte]

O Instituto leva o nome do barrio no que está asentado. O actual IES As Lagoas naceu en 1977 como terceiro centro de bacharelato da cidade e primeiro mixto nos tempos modernos. O IES As Lagoas  naceu nun espazo central e vinculado ao desenvolvemento da cidade neste barrio nos anos sesenta e setenta. Os primeiros anos de funcionamento foron complicados desde un punto de vista organizativo: alto número de alumnado, quendas nocturnas e diúrnas, conflitos laborais e estudantís... pero foise asentando ata se converter na actualidade nun dos centros punteiros do ensino público en Ourense.

No 2002/2003 festexamos o vintecinco aniversario cunha gran festa onde se deron cita moitos saudosos exalumnos e exprofesores e no 2017/2018 celebramos os 40 anos do centro.

LOCALIZACIÓN[editar | editar a fonte]

O instituto de As Lagoas atópase pois na Rúa Eduardo Blanco Amor, 2. 32004, en Ourense. Se preme no seguinte enlace verá o centro desde varios puntos de vista co impresionante visor de mapas e fotos aéreas de Microsoft. http://www.edu.xunta.gal/centros/iesaslagoas/

OFERTA EDUCATIVA[editar | editar a fonte]

O centro ofrece os estudos de Educación Secundaria Obligatoria, ademais de tres Bacharelatos diferentes, o de ciencias, o de humanidades e ciencias sociais e o de artes.

ESPAZOS E INSTALACIÓNS DO CENTRO[editar | editar a fonte]

O edificio do Instituto, construído en 1977 e ampliado en dúas ocasións, conta cos seguintes espazos:

Xeral:[editar | editar a fonte]

· Edificio, bloque principal (aulas, despachos, oficinas, laboratorios, biblioteca, salón de actos...): 7000 m2

· Pavillón deportivo cuberto: 1167 m2

· Pistas deportivas descubertas: 4000 m2

· Patios de columnas cubertos 1250 m2

· Zonas de xardín: 1000 m2

· Aparcamento e beirarrúas interiores 1000 m2

Aulas:[editar | editar a fonte]

· 32 aulas de ordinarias (asignadas a cada un dos grupos) mais 2 para alumnado de apoio, 7 para desdobramentos, 1 de garda ou espera para alumnos fóra de aulas e 1 de convivencia.

· As seguintes aulas específicas asociadas a determinadas materias ou usos específicos:

- 4 de informática (incluíndo a destinada a grupos pequenos, con cinco ordenadores)

- 2 de música

- 2 de tecnoloxía

- 2 de debuxo

- 1 multiusos de grande dimensión

- 1 laboratorio de física

- 1 laboratorio de química

- 1 laboratorio de ciencias naturais

- 1 laboratorio de xeoloxía

- 1 aula de artes escénicas

Outros espazos:[editar | editar a fonte]

- Unha biblioteca con equipamento informático e audiovisual

- Un ximnasio ou pavillón deportivo con tres almacéns anexos e dous pares de vestiarios e baños

- Salón de actos

- Sala de xuntas

- Secretaría, vicedirección e dirección

- 18 baños repartidos polo centro

- 1 espazo de cafetería