Usuario:Sar123456789
INFORMACIÓN XERAL[1][editar | editar a fonte]
A Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (Galicia)[2] ten a súa orixe a mediados do século XVI e situada no Colexio fundado polo Arcebispo de Santiago, Alonso de Fonseca III.[3]
A colección histórica da Biblioteca é o resultado da adquisición de fondos por parte da Universidade, dos donativos de destacados benefactores, das moi valiosas contribucións bibliográficas recibidas con motivo da expulsión dos xesuítas no século XVIII e da desamortización do século XIX, que significou a incorporación das librerías dos mosteiros de Galicia.
No século XX a Biblioteca beneficiouse extraordinariamente con tres novas contribucións: a adquisición da biblioteca do Arcebispo Lago González[4], a fundación por D. Gumersindo Busto da Biblioteca América, e o depósito da Biblioteca da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.[5]
A Biblioteca Xeral é depositaria do fondo antigo da Biblioteca Universitaria, da sección Galicia, e dunha ampla colección de obras de referencia e bibliografía interdisciplinar.
Na actualidade a Biblioteca Universitaria defínese como unha unidade funcional de apoio á docencia e á investigación. Está constituída por tódolos fondos bibliográficos, documentais e audiovisuais adquiridos polos diferentes centros e servizos, polos de troco e polos mercados en favor da Universidade por outros organismos, aínda que se garden en sitios distintos e en diferentes edificios universitarios.
Os usuarios teñen o deber de respecta-la integridade e o estado das instalacións da Biblioteca Universitaria, así como os fondos e documentos que a compoñen.
Como norma xeral o horario é de luns a venres de 8.30h a 21.30h. Algunhas bibliotecas abren sábados, domingos e festivos de 10h a 19.30h.
BIBLIOTECAS[6][editar | editar a fonte]
Dentro da biblioteca encontramonos cunha serie de sub-bibliotecas que se clasifican según os títulos existentes na universidade e dependendo do campus no que nos encontremos:
En Santiago:
- Biblioteca Concepción Arenal
- Biblioteca Xeral
- Bioloxía
- Ciencias da Comunicación
- Ciencias da Educación (Campus Norte)
- Ciencias Económicas e Empresariais
- Enfermaría
- Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Física e Óptica
- Farmacia
- Filoloxía
- Filosofía
- Matemáticas
- Medicina e Odontoloxía
- Psicoloxía e Ciencias da Educación
- Química
- Xeografía e Historia
En Lugo:
- Biblioteca Intercentros
- Formación do Profesorado
COLECCIÓNS[7][editar | editar a fonte]
Dentro das colección da biblioteca da universidade de Santiago hay os seguintes fondos:
Fondos xerais: Relación alfabética de títulos dos libros dixitalizados do fondo antigo non galego da Biblioteca Universitaria.
Fondo de Galicia: Relación alfabética de títulos dos libros dixitalizados do fondo galego de manuscritos e impresos publicados entre 1483 e 1900 pertencente á Biblioteca Universitaria.
Teses de Galicia: Relación alfabética de títulos das teses defendidas na USC a partir do ano 2005 con autorización para edición en acceso aberto.
Fondo de prensa galega:Relación alfabética de títulos de prensa e revistas dixitalizadas de fondo antigo galego.
Incunables:Relación alfabética de títulos da colección de incunables da BUSC.
Literaturas hispánicas: Esta colección recolle as monografías que posúe a BUSC no campo da literatura hispánica impresas entre os séculos XV e XVIII, entendendo por hispánico todo o producido na Península ou fóra dela, por autores peninsulares en calquera lingua e considerando literatura toda a produción dos mesmos, pertenza ou non ao eido do que normalmente se entende por literatura artística ou de creación.
Biblioteca América:Esta colección recolle fondos dixitalizados anteriores a 1900 pertencentes á Biblioteca América da Biblioteca Xeral. A Biblioteca América nace grazas ao impulso de Gumersindo Busto, emigrante galego en América, que nos primeiros anos do século XX conseguiu reunir un número importante de libros, folletos e obxectos diversos de diferentes procedencias e de carácter multidisciplinar e enciclopédico.
Manuscritos: Manuscritos dixitalizados da Biblioteca Universitaria.
Bibliografías Letras Galegas: Catálogos bibliográficos, elaborados pola Biblioteca Universitaria, correspondentes a diferentes mostras bibliográficas organizadas anualmente con motivo do Día das Letras Galegas
SERVIZOS[8][editar | editar a fonte]
Os servicios que presta a biblioteca son:
Información e referencia: Todas as bibliotecas que conforman a BUSC contan cun punto de información ao que se pode dirixir calquera usuario para solicitar axuda relacionada con:
- Horarios, servizos e normas da biblioteca.
- Organización e localización dos fondos documentais.
- Funcionamento e manexo do catálogo automatizado.
- Utilización e consulta das distintas bases de datos e doutras fontes de información.
- Facer algunha consulta mediante o correo electrónico.
- A BUSC ofrece un plan de formación para profundir no coñecemento dos servizos bibliotecarios e dos recursos de información.
Reprografía: A Biblioteca facilitará a reprodución dos seus fondos coas restricións que impoñen a Lei de Propiedade Intelectual e as garantías de conservación do patrimonio bibliográfico.
Con carácter xeral, os fondos poderán ser reproducidos mediante:
- Fotocopia a partir do orixinal impreso
- Copia en papel a partir de microforma, no caso de fondos previamente microfilmados pola biblioteca ou no caso de obras editadas nese soporte.
- As bibliotecas contan con fotocopiadoras e/ou lectores/reprodutores de microformas utilizables directamente polos usuarios para a reprodución das obras consultadas.
- Os fondos anteriores a 1901, e aqueles outros de singular ou especial valor, serán reproducibles en soporte dixital.
- Permítese a reprodución por medios fotográficos (cos equipos propios do solicitante) nos locais da Biblioteca.
Préstamo a domicilio: Os fondos da Biblioteca Universitaria poderán levarse en préstamo a domicilio por un período de tempo e condicións variables en función do tipo de usuario e das características dos fondos.
Para facer uso deste servizo é necesario dispoñer da Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) ou dunha carta de lector expedida pola BUSC.
CATÁLOGOS[9][editar | editar a fonte]
O catalogo da biblioteca da universidade de Santiago de Compostela chamase Iacobus e nela encontrámonos dous tipos de busca:
Simple: Que é a busca onde se pode buscar un documentos por unha variable, como seria: Palabra clave, Autor, Titulo, ISBN/ISSN, Tema, Tema Galego, Titulo de revista, Titulo de colección, Signatura e Procedencia da colección. Ademais, da a opción de buscar nos distintos fondos da universidade.
Avanzada: Na que hai catro campos nos que podemos escoller en cada un deles se queremos que a busca sexa sobre o Autor, Tema, Titulo ou Nota. Ademais destas variables neste tipo de busca pódese especificar a ubicación do documento, tipo de materia (tipo de documento), a lingua, a data (podendo realizar unha limitación desde un ano e outro) e por último pódese ordenar os resultados por relevancia, data ou titulo.
BIBLIOGRAFÍA[editar | editar a fonte]
Biblioteca Universidad Santiago de Compostela
VEXA TAMÉN[editar | editar a fonte]
Biblioteca Universidad de A Coruña
Biblioteca Universidad de Vigo