Usuario:PaulaMarina/Tengen Toppa Gurren Lagann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gurren Lagann, coñecido en Xapón como Tengen Toppa Gurren Lagann (天元突破グレンラガン, Tengen Toppa Guren Ragan, lit. "Perfore os Ceos, Gurren Lagann"), é un serie televisiva de anime mecha xaponés  animado por Gainax e co-producido por Aniplex e Konami. Retransmitíronse 27 episodios na TV Tokyo de Xapón, entre o 1 de abril do 2007 e o 30 de setembro de 2007. Foi dirixido por Hiroyuki Imaishi, escrito polo dramaturgo veterano Kazuki Nakashima. Estivera en desenvolvemento desde a participación do afamado animador nos episodios de estilo mecha de Abenobashi, polo mesmo estudio. Gurren Lagann está situado nun futuro ficticio onde a terra é gobernada polo Rei Espiral, Lord Genome, quen forza á  humanidade a vivir en aldeas subterráneas isoladas. A trama céntrase en dous adolescentes, habitantes dunha aldea subterránea, Simon e Kamina, que desexax ir á superficie. Utilizando un mecha coñecido coma Lagann, Simon e Kamina chegan á superficie e comezan a loitar xunto con outros humanos contra as forzas de Lord Genome.

En Norteamérica, aínda que inicialmente se anunciou que sería licenciado por ADV Films en 2007, transferiuse a licencia a Bandai Entertainment en 2008 e máis tarde a Aniplex of America en 2013. No Reino Unido, foi licenciado por Manga Entertainment en 2007, e transferido logo a Anime Limited en 2013. O Sci Fi Channel adquiriu os dereitos de retransmisión de Gurren Lagann e comezou a difundilo o 28 de xullo de 2008, como parte do bloque anime Ani-Monday de Sci Fi. O anime gañou diversos premios na Feria Internacional de Anime de Tokyo, Animation Kobe e os Festivais de Artes Mediáticas Xaponesas.

Unha adaptación manga foi publicada por ASCII Media Works entre 2007 e 2013. Bandai Entertainment licenciou o manga e publicouno en inglés en Norteamérica. Unha serie de catro novelas lixeiras foi publicada por Shogakukan entre 2007 e 2008. Un videoxogo para a Nintendo DS foi lanzado en outubro de 2007, acompañado por un episodio especial da serie animada. Dúas versións en formato de película animada foron producidas; a primeira chegou aos cines xaponeses o 6 de septembro de 2008, e a segunda o 25 de abril de 2009.

Trama[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

Gurren Lagann sitúase nun futuro onde a Terra é gobernada polo Rei Espiral, Lord Genome, quen forza á humanidade a vivir en vilas subterráneas isoladas. Estas vilas non teñen contacto coa superficie ou entre sí, e están baixo ameaza constante de terremotos. Certos habitantes están obrigados a facer servizo para expandir os seus fogares cara ás profundidades. Simon, un dócil mozo escavador marxinado polos seus compañeiros, atopa apoio no seu mellor amigo e figura de irmán maior, un delincuente excéntrico chamado Kamina. Kamina anima a Simon a unirse á súa banda, o Equipo Gurren, co fin de axudalo a conseguir o seu soño de visitar o mundo da superficie. Un día, Simon desenterra unha chave con forma de taladro chamada Taladro Núcleo, ademais dun pequeno mecha con forma de cara chamado Gunmen. Un pouco despois, un enorme Gunmen atravesa o teito e comeza a atacar a aldea, seguido por unha rapaza chamada Yoko, quen intenta repelir o Gunmen. Simon utiliza o seu Taladro Núcleo para activar o Gunmen máis pequeno (ao que Kamina nomea Lagann), que utiliza para destruír ao Gunmen máis grande e chegar ata a superficie.

Simon e Kamina aprenden de Yoko que os humanos na superficie son atacados cada día por Gunmen pilotados por homes bestia, criaturas humanoides que son parte do exército de Lord Genome. Kamina aprópiase dun Gunmen e noméao Gurren, combinándoo co Lagann para formar o mecha Gurren Lagann. As súas accións inspiran a outros humáns para robar os seus propios Gunmen e unirse ao Equipo Gurren, o que fai que Kamina lle cambie o nome a Equipo Dai-Gurren. Eventualmente, o Equipo Dai-Gurren captura unha fortaleza Gunmen enemiga que utilizar como a súa base de operacións, aínda que Kamina morre durante a batalla precedente por un dos catro xenerais de Lord Genome. Rossiu, un rapaz doutra aldea, substitúeo no seu traballo de pilotar o Gurren, pero a morte de Kamina fai que Simon afunda na depresión ata que coñece a Nia, a filla de Lord Genome. O Equipo Dai-Gurren desconfía dela ao principio, pero permite que se una a eles cando se fai aparente que fora abandonada polo seu pai, ao igual que moitas outras antes que ela. Nia axuda a Simon a aceptar a morte de Kamina, e o resto do Equipo Dai-Gurren o anima a tomar o papel de líder do equipo, dirixíndoos a eles e outros humanos, que capturaran outros Gunmen e fortalezas Gunmen, ao palacio de Lord Genome. Como o palacio mesmo resulta ser un xigantesco Gunmen chamado Lazengann, do cal saen exércitos de outros Gunmen, as forzas humanas fan tempo mentres Simon, Nia e Rossiu pilotan Gurren Lagann contra Lord Genome, que loita nun Gunmen similar. Cando ambos Gunmen son danados, el mesmo pelea contra Simon en Lagann coas súas propias máns. Lord Genome sae victorioso, ata que Simon utiliza o seu Taladro Núcleo para derrotalo dunha vez por todas.

Referencias[editar | editar a fonte]