Usuario:Miguel Castaño Gómez
Información
Autor: Marvin Harris
Editorial: Alianza editorial
Ano: 1998
Sipnose:
Libro sobre antropoloxía que trata sobre algúns dos enigmas máis curiosos do noso mundo,como por exemplo: Por que os hindues non comen carne de vaca, por que nalgúns lados “odiase” e noutros lados “adorase” aos porcos, por que surxen movementos mesianicos etc. Asi a estratexia deste investigador
consiste en atopar as causas materiais que estan ocultas tras a aparante irracionalidade destes estilos de vida.
Capítulos:
A madre vaca:
O primeiro capitulo trata sobre o amor que os indios profesan ás vacas. Estes, por motivos relixiosos, refusan
comer a súa carne nin o seu leite, algo que resulta para calquera occidental inverosimil tendo en conta a
situación actual de fame e miseria que hai na India. Ademáis estas vacas consomen parte do alimento que sería
destinado para a poboación e incluso hai “albergues” para vacas perdidas ou enfermas.
A resposta a este aparente e incodicional amor, non é só relixiosa, senon que tamén hai un razoamento lóxico para esta adoración ás vacas, e é que estas producen bueys de tiro, que permiten sacar a flote a agricultura domestica, e ademáis, o seu esterco ten diversos usos, podese usar como abono, como combustible para cociña e outros menesteres similares ou como aislante. Así, por esta razón establecese unha relación de dependencia coa vaca que vais máis ala de cuestións relixiosas, pois neste caso este tabú en realidade non ten un efecto negativo sobre a supervivencia da poboacion.
A porcofilia e a porcofobia:
Algúns pobos aborrecen ao porco, mentres que outros os aman. Sen dubida algunha son dúas posicións
opostas, pero non veñen determinadas por motivos de carácter hixiénico ou de salud como fan crer as relixións
porcofóbicas, senón según a conveniencia que lles supoña a cría deste dependendo da zona:
Para os musulmáns e os xudeus o cerdo resulta un animal impuro xa para empezar, porque a relixión de ambos
pobos (musulman e xudaismo respectivamente) condenouno por ser un animal supostamente perigoso para
a hixiene e a saude do home debido a que este revolcase na súa propia orina e escrementos, así como outros
motivos fisiolóxicos que fan do porco un animal pouco apto para as rexións calurosas e aridas (debido ó seu
problema de transpiración) nas que habitan ambos dous pobos.
Pero a verdadeira razón desta actitude reside en que o porco non produce leite, ao contrario que as vacas das
que si se alimentan xudeus e musulmans, nin tampouco pode alimentarse de herba como outros rumiantes.
Ademáis, a continua desertización e deforestación de oriente medio fixo que se fixese caro críar carne de porco
nesta zona, e ademáis este alimentabase do mesmo que os humanos na zona.
En cambio, en América e China, a sociedade adoraba os cerdos, ata tal punto que o consideran como un
membro máis da súa familia. En cambio e ao contrario que a relixion Hindu e ó seu amor a vaca, estes pobos si
que comen carne de porco en festas ou celebracións especiais.
Algunhas civilizacións como a Maring, sacrifican os porcos para celebrar a victoria dunha guerra ou para demostras aos seus enemigos o seu gran poder e riqueza, asi como o seu animo de prosperar.
Como consecuencia destes feitos, podemos extraer a explicación de que a prohibición do cerdo ou a súa
permisión era un medio para garantir o equilibrio económico.
A guerra primitiva
En certas civilizacións como os Maring, sucedíanse numerosas guerras, unha tras outras, producidas para vingar
actos violentos como raptos de mulleres, violacións…
So bastaba unha guerra para desencadear as seguintes, pois tras finalizar esta, o “espirito de vinganza”
permanecía no pobo derrotado. A causa de estas guerras non é precisamente pola vinganza de actos violentes,
senon que a verdadeira causa era o control demográfico, pois estas tribus non tiñan metodos anticonceptivos
e precisaban de algunha maneira de controlar a poboación. De feito estas guerras sempre se provocaron
coincidindo co momento de produción e consumo máis alto nas súas sociedades.
O macho salvaxe
Hai algunhas tribus como os Yanomano na que o home domina a muller pola única razón de que é máis
necesario para a guerra, para o único que era util, xa que en termos económicos era improdutivo, e esta
supremacía estaba garantida pola frencuente practica belica. E, polo tanto, o machismo consecuencia da guerra,
e queda descuberta, polo tanto, a relación entre o machismo e a guerra.
El potlach
É unha costumbre adoptada entre algun pobos que consiste na celebración dunha festa durante varios días e
na que un xefe (coñecido como “Gran home") no que prepara unha gran cantidade de riqueza en productos,
alimentos, etc que reparte entre os anfitrións ou incluso hai veces que os quema para mostrar o rico que é entre
a tribu frente o resto. Esto prouce competitividad entre as tribus, pois ao rematar esta festa o gran home xa
comeza a prepararse para a segunda e a acumular así de novo riquezas.
Este sistema o que permitiu foi unha distribución das riquezas é que algunhas poboacións prosperasen en
determinadas rexións.
O cargo fantasma
Coa chegada de embarcacións das civilizacións industrais a terras indíxenas e a entrada de produtos, costumes
e relixións novos, os nativos das terras formaron un culto novo levado polas impresión que lles causara. O
cargo era o precio da loita polos recursos naturais e humanos e a recompensa polos traballos realizados. O
cargo marcaría o inicio do ceo na terra.
O mesías e o secreto do principe da paz
A palabra mesías era usada para designar a todos aqueles que posuisen a santidad e poder sagrado, como os
sacerdotes. Estes mesías non eran tan “pacificos” como se cría (de feito ata se cuestiona o pacifismo de Cristo,
un dos máis coñecidos e venerados mesías), senón que seguían un modelo de actitude militar e vengativa que
xa viña de fai tempo entre as confrontacións entre xudeus con gregos e con romanos, epoca na que xorden
moitos mesías, entendidos como libertadores guerreros do pobo xudeu. Estas formas de mesianismo o que
pretendían era a distribucións máis equitativa da riqueza e do poder.
O culta ao mesías pacífico, procedente do cristianismo, apareceu na guerra contra Roma, na que os mesías
sufriron unha brutal derrota.
Escobas e aquelarres, a gran locura das meigas e o retorno das meigas
Neste capitulo tratase de explicar a razón da matanza indiscriminada de bruxas na europa medieval. Nesta
etapa culpabase a certas persoas de ser bruxas e volar cunha escoba a certas reunións chamadas aquelarres,
onde se reunían máis destes persoaxes. Para empezar, a explicación de volar era debido a que certas persoas
empregaban uns ungüentos alucinoxenos que lles daban a sensación de desprazarse a lugares lonxanos; a
escoba era usada para aplicar este ungüento en zonas sensibles. A pesar de todo, moitas mulleres condenadas a
bruxerías nunca utilizaron este ungüento.
Cando unha persoa era acusada de bruxería, esta era torturada ata que confesase o que quería, e que ademáis
dixese o nome de máis persoas que vise no aquelarre (non valían nobres nin curas… eses eran santos) , cousa
que sempre sucedía xa que o que querían era acabar coa tortura.
Unha vez confesaban, eran enviadas a fogueira, onde morrían totalmente queimadas (nos mellores casos,
afogabase antes a muller e despois quemabase) . Todos os gastos da tortura e da queima corrían a cargo dos
familiares da victima, nunca mellor dito.
A razón desta matanza indiscriminada e continuada era un modo de recaudar diñeiro, pois os gastos de todo
corría a cargo da familia, como se mencionou arriga, e ademáis a bruxa proporcionaba novos canditos a torturar
e queimar, para logo desvalixar ás súas familias.
Esta moda volveu a aparecer de novo en tribus baixo a apariencia dos chamáns, pero esta vez baixo
connotacións positivas.
Conclusión
Este libro permitenos verificar a evolución das sociedades primitivas e os seus costumes, asi como as súas explicacións.Ademáis fala dun posible modelo de sociedade, asi como do mellor tipo de tolerancia para a sociedade.
--Miguel Castaño Gómez (conversa) 08:37, 9 de abril de 2012 (UTC)