Usuario:Inma Doval Porto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inma Doval Porto

Nada en 1966 na Coruña. Licenciada en Historia del Arte por la Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Literatura, cultura e diversidade (Universidade da Coruña).

Investigadora, actualmente no programa de doutoramento de Estudos literarios da Universidade da Coruña.

Especialista en gestión de la información en la universidad y la empresa por la Universidade de Santiago de Compostela. Bibliotecaria e asesora de investigación na UDC.

Coordinadora do Club de lectura e encontros literarios Nébeda (Universidade da Coruña).

Pintora autodidacta. Formación en gravado no Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC) (Betanzos, A Coruña) e Museo de Belas Artes da Coruña, da man de Omar Kessel, Antonio Alegre Cremades, Anne Heyvaert, Carmen Navarro, Denis O´Neill ou Ali Ali, así como en obradoiros internacionais impartidos por Norimasa Mizutani, Matasaka Kuroyanagi, Choichi Nishikawa ou Juan Sebastián Carnero. Formación en escultura na Real Academia de Bellas Artes de Madrid, nos talleres de Mónica Santos Godoy e Iria Rodríguez (A Coruña) e no espazo artístico de João Pedro Rodrigues (Porto).

Formou parte do grupo de gravado Ravar, do que foi co-fundadora no ano 2005 até a súa disolución en 2009.

En 2009 forma, xunto a Xacobe Meléndrez Fassbender, o colectivo arTeu, desde o que ambos artistas desenvolven proxectos de achegamento da arte á sociedade. Inicia así un camiño paralelo á súa faceta artística individual, coa xestión de proxectos artísticos colectivos, organizando e coordinando eventos culturais, exposicións, intercambios internacionais e edición de libros de arte.

En 2014 a editorial Biblos publica A fuxida[1], álbum ilustrado pola autora con texto de Berta Dávila.

Ten publicados poemas nas revistas literarias e culturais O correio do Porto e Palavra comum: A Bula de março de 2015[2] e o poemario Bébesme Cízico no canto das seras[3]. Outros poemas seus están editados en libros de artista publicados por arteu: Diálogo para unha serea (2010) e Adagio (2016).

Enlaces externos[editar | editar a fonte]

Web da autora

Orcid da autora

Entrevista en Palavra comum

  1. Dávila, Berta; Doval Porto, Inma (2014). A Fuxida. Biblos. ISBN 978-84-15086-43-7. 
  2. Doval Porto, Inma; Meléndrez Fassbender, Xacobe (2015). "Bula de março". O correio do Porto. 
  3. Doval Porto, Inma (2014). "Bébesme Cízico no canto das sereas". Palavra Comum.