Usuaria:Lles/Espazo do obradoiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sisa19, Faia Costeira, Amelia, Arroases, Bolinhodeamor, DONAHIRO, Monbac8M, Pazdelape, Maria zaos, CoroRP:

Creei esta páxina por se queremos ter un espazo para a continuación do obradoiro. Aínda que estea no meu espazo, ten a arela de ser un espazo común, escribide nela se aínda non tedes claras as páxinas de conversa, a Taberna, onde atopar os recursos...

Ligo a páxina que daba María zaos para Espazos de nome e procura e os apuntamentos de Maria zaos para o Obradoiro de Vigo. Lles (conversa) 10 de maio de 2019 ás 11:57 (UTC) Lles (conversa) 11 de maio de 2019 ás 10:13 (UTC)

Graciñas Lles, a verdade que mes sinto mais cómoda aquí, un curruncho mais pequeno ca taberna ou esas conversas; nas que tento participar, pero ainda non me atopo.

Pregunto:

1)Mirei unha bio con cadro e foto...cando fun a wikidata, non tiña foto. Poderíase mirar si esta en commons e subila a wikidata?

2)Na wikidata cantos items son os mínimos nunha boigrafía? Graciñas

Grazas tamén por amososarnos a Latipedia, ferramenta moi util, a hora de facer traduccións por exemplo, partindo dunha e completala cos outras. Xenial.

Faia Costeira, non sei responder ás dúas primeiras preguntas, creo que hai que preguntarlle a Maria zaos. A Latipedia creo que é interesante para saber cal é a mellor páxina das que coñecemos para traducir, para facer logo a tradución penso que é moi interesante o trebello de tradución que a propia Wikipedia ten. Sabes activalo e funcionar con el? Lles (conversa) 16 de maio de 2019 ás 06:44 (UTC)

1.Mirei unha bio con cadro e foto...cando fun a wikidata, non tiña foto. Poderíase mirar si esta en commons e subila a wikidata?[editar | editar a fonte]

  • Terías que engadir unha afirmación. Escoller propiedade imaxe (P18) e escribir o nome completo do ficheiro de imaxe (tal como apareza en Commons, sen engadir "ficheiro:" ou como aparece en Commons "File:") coa extensión no cadriño. Publicar e listo. O ideal é, a maiores, engadir a referencia (en último caso faráo un bot, pero hai que lembrar que o obxectivo é que todo elemento e propiedade en Wikidata estea referenciado). Para isto premes en "engadir unha referencia"; en propiedade pos "importado de " e no cadro Wikimedia Commons (d:Q565). Publicar e listo.
  • (Para buscar en Commons, ir a commons e usar a caixa de busca.)

2)Na wikidata cantos items son os mínimos nunha biografía?[editar | editar a fonte]

  • O elemento que se pon como exemplo guía é Douglas Adams, para coñecer a maioría das afirmacións posibles (créanse novas propiedades cada día, non é un tema finito). Cantas debes poñer? preferiblemente as mesmas que figuran na biografía que puxeses na Wikipedia (e lembremos que os datos que aparecen na entrada da Galipedia deberían ser verificables). Por norma xeral sóense poñer:
  1. é unha (P31)-ser humano (Q5)
  2. sexo (P21)- muller(Q6581072)
  3. data de nacemento
  4. lugar de nacemento (pónse o lugar máis específico; se non aparecese creado o lugar -é dicir na caixa de busca non aparece- é que non se creou o elemento wikidata de lugar. Neste caso ou o creas e logo volves atrás a ligalo ou non se pon)
  5. data falecemento/lugar falecemento
  6. ocupación
  7. linguas faladas
  8. país
  9. nome na lingua materna (nome completo)
  10. nome propio (se non aparece na caixa de busca coa indicación "nome" é que non se creou o elemento wikidata, aplícase o mesmo que en lugar de nacemento)
  11. apelido (primeiro apelido)(se non aparece na caixa de busca coa indicación "nome" é que non se creou o elemento wikidata, aplícase o mesmo que en lugar de nacemento). En castelán temos tamén segundo apelido d:P1950)
  12. educado en
  13. xénero artístico...etc
  14. IDENTIFICADORES: isto é bastante importante, consulta por exemplo Rosalía de Castro
  • Ao inicio de calquera ficha de Wikidata verás un aviso cunha frecha (abre un despregable) que pon "Most relevant properties which are absent " e xa tamén che indica que afirmacións poderían faltar

Cousiñas do obradoiro[editar | editar a fonte]

Ola a tod@s: como sabedes houbo un obradoiro en Lalín esta semana. Tedes información na páxina do evento, que inclúe unha chuletiña interesante. Con motivo do obradoiro eu organicei (só un pouco) o caos que teño nas miñas páxinas de usuaria en Galipedia sobre wikidata. Podedes botar un ollo aquí e ir premendo nas ligazóns a persoas, por exemplo. En representación de wikimulleres veu Faia Costeira e estou segura que se levou un cento de cousiñas para ir investigando. De momento deixovos aquí unhas ligazóns os vídeos sobe wikidata que organizan en Brasil (a lingua habitual é o inglés)por se resultan de utilidade.

Wikidata Labs(Brasil)[editar | editar a fonte]

Ánimo e a seguir!! .--Usuaria:Maria zaos
Sisa19, Faia Costeira, Amelia, Arroases, Bolinhodeamor, DONAHIRO, Monbac8M, Pazdelape, Maria zaos, CoroRP

3. Ferramenta de tradución automática.[editar | editar a fonte]

A min persoalmente a opción que trae de tradutor automático vólveme tola, pero podes desactivar Apertium e poñer "usar texto orixinal" cando traballes. Para que poidas acceder a ferramenta de tradución:

  • Ir a Preferencias (na parte de arriba da páxina de Wikipedia) >Características en probas>trad. de contido. Seleccionar e gardar. Para comezar a usalo vas a "contribucións" no menu da parte superior dereita de Wikipedia, onde está preferencias, lista de vixilancia etc. e xa vas ver un asterisco azul marcado en "Traducións". Premendo nel ábreseche a ferramenta.
  • Ferramenta de tradución (Información moi completa sobre a ferramenta).
  • E cando se fan traducións é recomendable incluír o modelo "traducido de" na páxina de conversa da páxina
  • Tedes unha explicación de como usalo aquí
  • A ferramenta de tradución xa permite publicar nun borrador (subpáxina) ou na páxina principal de Wikipedia (co título do artigo directamente). Se necesitades facer cambios (engadir referencias, revisar formato etc) logo de publicar/comezar unha tradución podedes incluír o modelo en tradución (páxina do modelo en tradución ) que ten a mesma finalidade que o modelo en uso pero para traducións.

Para calquera outra cousa, problema, pregunta ou abraio non dubidedes en consultarme. Wikidata non é o mesmo que Wikipedia, funciona baixo un esquema conceptual diferente. Saúdos @Faia Costeira:, @Lles:. Usuaria:Maria zaos.