Unión Carlista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Unión Carlista foi un partido carlista e tradicionalista español fundado en 1978 patrocinado pola Regencia Nacional y Carlista de Estella de carácter antifranquista. Á parte do sector sivatista que non se reintegrou en 1964 na Comunión Tradicionalista de Xavier de Borbón Parma, mantendo a Regencia Nacional y Carlista de Estella, logrou agrupar aos últimos octavistas vasco-navarros.

Un destacado militante da Unión Carlista foi o catalán Juan Casañas, que dende o falecemento en 1980 de Mauricio de Sivatte, exercía como voceiro da Regencia Nacional y Carlista de Estella. O seu presidente era Alfonso Triviño de Villalain.

No chamado Congreso de Unidade Carlista de 1986, a Unión Carlista fusionouse coa Comunión Tradicionalista e a Comunión Católico-Monárquica para constituír unha nova organización política denominada Comunión Tradicionalista Carlista.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.