Regencia Nacional y Carlista de Estella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Regencia Nacional y Carlista de Estella
IdeoloxíaCarlismo e Traditionalism
Data de fundación1958
Data de disolución1986
editar datos en Wikidata ]

A Regencia Nacional y Carlista de Estella (RENACE) foi unha organización política carlista que apareceu en 1958 dirixida por Mauricio de Sivatte, antigo xefe do carlismo en Cataluña, que fora expulsado do carlismo oficial en 1949.

A Rexencia de Estella considerábase a depositaria dos dereitos históricos da dinastía carlista tras a que consideraban perda de lexitimidade de Xavier de Borbón-Parma e editaba o boletín Tiempos Críticos. A RENACE tiña carácter tradicionalista e antifranquista e a maior parte dos seus membros residían en Cataluña.
Durante a transición española patrocinou o partido Unión Carlista e opúxose á Constitución de 1978.