Unha manchea de contos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha manchea de contos
Una mà de contes
Creado porManuel Barrios
Dirixido porManuel Barrios
País de orixeEspaña España
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Laia Gimó
Duración7 minutos por episodio aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixeTV3
editar datos en Wikidata ]

Unha manchea de contos (Una mà de contes, título orixinal en catalán) é un programa da televisión pública catalá que conta tamén cunha versión radiofónica. Na Galiza foi emitido pola TVG dentro do contedor infantil/xuvenil Xabarín Club. O 2 de febreiro do 2009 comezou a se emitir na G2.

O programa[editar | editar a fonte]

Nunha manchea de contos unha voz en "off" explica un conto namentres se ve como se ilustra con técnicas pictóricas diversas: acuarela, debuxo, colaxe... O proceso móstrase en plan curto, de maneira que só se ve a ilustración e as mans do artista plástico; de aquí o nome de "Unha man de contos" e das agrupacións de cinco en cinco, como dedos da man.

En principio faranse contos clásicos, e a intención, co tempo, é crear unha antoloxía de contos populares en catalán que sexa de referencia para as familias catalás. A duración de cada conto é, aproximadamente, de 7 minutos.

Este espazo non incorpora ningunha técnica de animación. Pretende fundamentar o seu interese na fascinación que pode provocar nos nenos o feito de veren o proceso de elaboración das ilustracións. Por outra banda, pode resultar especialmente estimulante para nenos e nenas con intereses dirixidos á expresión plástica e artística.

Autores[editar | editar a fonte]

Tódolos debuxantes teñen experiencia no mundo da ilustración, inda que os seus nomes non son especialmente coñecidos. A banda sonora de cada un dos contos tamén está composta orixinalmente por un músico. As locucións en "off" van a cargo de voces con experiencia recoñecida no medio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]