Unai Hualde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unai Hualde
Unai Hualde Iglesias (cropped).jpg
Nome completoUnai Hualde Iglesias
Nacemento25 de xullo de 1976
Lugar de nacementoAltsasu
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Deusto
Ocupaciónpolítico e assessor jurídico
editar datos en Wikidata ]

Unai Hualde Iglesias, nado en Altsasu o 25 de xullo de 1976, é un avogado e político navarro do Partido Nacionalista Vasco e Geroa Bai, deputado no Parlamento de Navarra e presidente do mesmo dende 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito na Universidade de Deusto e ten un máster en xestión de persoal. Traballou como avogado no sector privado como asesor legal na área de dereito público e administrativo.

Converteuse en membro do Partido Nacionalista Vasco en 1999, e dende 2015 é o presidente do Napar Buru Batzar, unha das cinco comisións executivas do Euskadi Buru Batzar do PNV.[1]

Foi alcalde de Altsasu por Nafarroa Bai dende 2007 até 2011. En 2015, converteuse en parlamentario do Parlamento de Navarra con Geroa Bai, onde foi vicepresidente primeiro da mesa do parlamento.[2][3]

Dende 2019, é o Presidente do Parlamento Foral de Navarra.[4][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Batzar, Euzkadi Buru. "Gure Burukideak: Unai Hualde Iglesias". www.eaj-pnv.eus (en castelán). Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  2. EFE, Agencia (19 de xuño de 2019). "Unai Hualde, de la política en Alsasua a presidente del Parlamento foral". COPE (en castelán). Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  3. Gutiérrez, Natxo (20 de xuño de 2019). "Unai Hualde, la forja de Alsasua | SeleccionDN+". diariodenavarra.es (en castelán). Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  4. "el PSN vota a Geroa Bai y Unai Hualde presidirá el Parlamento". La Vanguardia. 19 de xuño de 2019. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  5. pamplonaactual (19 de xuño de 2019). "Unai Hualde, presidente del Parlamento: "Espero la continuidad de una etapa de profundos avances sociales emprendida en 2015" -" (en castelán). Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  6. "Unai Hualde Iglesias: “El PNV ha sido facilitador porque tiene influencia, pero las negociaciones siempre se han llevado desde Nafarroa”. Deia, Noticias de Bizkaia". Deia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2019. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  7. "Unai Hualde (Geroa Bai), presidente del Parlamento de Navarra". elperiodico (en castelán). 19 de xuño de 2019. Consultado o 26 de xuño de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]