Un (clase de palabra)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A palabra un xunto co seu paradigma (un, unha, uns, unhas) pode actuar por unha banda como artigo indeterminado, indefinido e numeral, e por outra banda como adxectivo[1]. Actualmente é clasificado tanto como un determinante identificador simple sen referencia ó conxunto, como como cuantificador definido unitario.

Dificultades de clasificación[editar | editar a fonte]

"Un" é un determinante que presenta notables dificultades de clasificación. Estas dificultades débense entre outros factores a que carecendo de valor anafórico, "un" non rexeita a idea da identificación, coma os indefinidos, posto que pode combinarse co vocábulo "mesmo" sintagmaticamente: un mesmo / *calquera mesmo. Amais, "un" admite, coma os identificadores, a anteposición de "todo": Toda unha mullerona. Por mor destas dúas concorrencias sintagmáticas, Fernández-Jardón Vindel considera que nada imposibilita a inclusión de "un" e de "unha" entre os identificadores e a súa exclusión de entre os cuantificadores.

Mais non todo o paradigma de un ten o mesmo comportamento. "Uns", "unhas" non poden concorrer con "todo", non permiten a anteposición de dito determinante (vénme todo un problema / *véñenme todos uns problemas). Hai logo dúas posibilidades para a clasificación do paradigma de "un":

  • Separar "un", "unha" das formas plurais e incluílo entre os identificadores, alternativa seguida por Fernández-Jardón Vindel.
  • Incluílo no grupo dos cuantificadores indefinidos ou numerais.

A esta segunda posibilidade Fernández-Jardón obxecta que "un" se opón a "dous" e "tres" por combinarse con substantivos singulares e porque os outros numerais non admiten a anteposición de "todo". Esta segunda obxección non é válida para a nosa lingua (todos tres veñen de camiño é unha secuencia correcta en galego), aínda que si para o castelán.

Podería ademais ser incorrecto incluír "un" e "unha" unicamente cos identificadores porque:

  • A consecuencia última da opción proposta por Fernández-Jardón semella absurda, pois é a desaparición da voz "un" do paradigma dos numerais.
  • En segundo lugar, a non posibilidade de aparición de "un" co artigo, coma en os dous fillos do Xosé, non supón que na secuencia un neno haxa identificación.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]