Umberto Tozzi
(2014) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (it) Umberto Antonio Tozzi 4 de marzo de 1952 Turín |
| Actividade | |
| Ocupación | cantautor, compositor, músico, cantante, artista discográfico, cantautor |
| Período de actividade | 1968 |
| Xénero artístico | Música rock |
| Tesitura | Tenor |
| Instrumento | Guitarra |
| Participou en | |
| 1987 | Eurovision Song Contest 1987 |
| Familia | |
| Irmáns | Franco Tozzi |
| Premios | |
| |
| Sitio web | umbertotozzi.com |
Umberto Tozzi, nado en Turín o 4 de marzo de 1952, é un cantante italiano.
Biografía
[editar | editar a fonte]Nado en Turín, os seus pais eran emigrantes orixinarios de Rodi Garganico. É o irmán máis novo de Franco Tozzi, cantante de discreta popularidade dos anos 60, co que comezou a dar os seus primeiros pasos a nivel musical, facendo de guitarrista do grupo que o acompañaba nas xiras.
En 1968, ós 16 anos, formou parte de Off Sound, un grupo rockeiro de Turín. En Milán coñeceu a Adriano Pappalardo e forman un grupo de 13 persoas que recorren toda Italia co seu espectáculo musical.
Os anos setenta
[editar | editar a fonte]En 1974 obtivo o seu primeiro éxito co tema "Un corpo un'anima", escrita con Damiano Dattoli, que despois foi interpretada por Wess e Dori Ghezzi, que ese ano gañaron o concurso "Canzonissima". Co mesmo Dattoli e Massimo Luca formou o grupo I Data, que iniciou o seu camiño co álbum Strada bianca (o seu único disco) lanzado pola casa discográfica de Lucio Battisti, que logrou vender moi poucas copias.