Saltar ao contido

Ubik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ubik
Autor/aPhilip K. Dick
OrixeEstados Unidos de América
Linguainglés estadounidense
Xénero(s)ciencia ficción e futuristic fiction
EditorialDoubleday
Data de pub.1969
Primeira edición galega
EditorialBoadicea Editora
Data de pub.2022
editar datos en Wikidata ]

Ubik é unha novela de ciencia ficción do escritor estadounidense Philip K. Dick, publicada orixinalmente en 1969. A historia sitúase nun futuro 1992 no que os poderes psíquicos son empregados para a espionaxe industrial, namentres a tecnoloxía crioxénica permite manter ás persoas recentemente falecidas nun estado de hibernación. O protagonista, Joe Chip, traballa como técnico dunha axencia psíquica cando comeza a vivir estrañas alteracións da realidade que poden ser revertidas temporalmente por unha misteriosa substancia chamada Ubik. A obra desenvolve personaxes e conceptos xa aparecidos noutra novela curta do mesmo autor, What the Dead Men Say (1964).

Ubik é unha das novelas máis célebres de Philip K. Dick. En 2009, foi escollida pola revista Time como unha das cen mellores novelas dende 1923. Na súa análise, o crítico Lev Grossman describiuna como "unha historia de horror existencial fondamente perturbadora, un pesadelo do que nunca estas certo de acordar".[1] Foi publicada en galego en 2022 por Boadicea Editora.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]