Twerps é unha banda australiana revivalista do xénero lo-fi e noise pop. Formada en Melbourne a banda lanzou o seu primeiro single ″Good Advice″ en 2009.
A banda retorna no 2011 cun álbum homónimo. O disco foi aclamado pola crítica, séndolle outorgado o cualificativo de ″mellor nova banda australiana″ pola publicación especializada Uncut, apoiados pola súa primeira xira nos Estados Unidos e con directos nos medios de prensa musical CMJ e SXSW. [1]
No 2014 trala súa participación no festival ″Laneway Festival″ publicaron o seu novo traballo ″Underlay EP″. Este foi un traballo auto-producido e o primeiro coa colaboración do batería Alex MacFarlane. No ano 2015 a banda publica o seu segundo disco ″Range Anxiety″ con Merge, ao tempo que a banda visita Europa cunha xira que incluiría o festival Primavera Sound.