Turó del Carmel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 41°25′6.023″N 2°9′11.76″L / 41.41833972, -2.1532667

Turó del Carmel

O Turó del Carmel ou Turó d'en Móra é unha montaña de 266 metros de altitude, pertencente ás estribacións da serra de Collserola, situada na cidade de Barcelona, no distrito de Horta-Guinardó.

Antigamente coñecíase como turó d'en Móra (turó en catalán significa "outeiro"), referíndose a Can Móra, casa situada no actual barrio do Coll. O nome actual do outeiro provén do nome do santuario situado na vertente oriental, construído a mediados do século XIX. En 1875 comezaron a construirse as primeiras torres no outeiro, que co paso do tempo darían lugar ao barrio do Carmel. Actualmente só a zona máis alta do outeiro non está urbanizada, e é onde se atopan o Parc Güell, o Parc del Carmel e os Xardíns de Juan Ponce.