Saltar ao contido

Tumultos en Inglaterra en 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tumultos en Inglaterra en 2011

Tipodisturbio étnico, saqueo, roubo e delito incendiario Editar o valor en Wikidata
Data
Dataagosto de 2011 Editar o valor en Wikidata
Comezo6 de agosto de 2011 Editar o valor en Wikidata
Remate11 de agosto de 2011 Editar o valor en Wikidata
No implicados
No feridos205 Editar o valor en Wikidata
No mortes5 Editar o valor en Wikidata
Localización
LocalizaciónBirmingham, Bristol, Midlands Occidentais, Londres, Gran Manchester e Merseyside Editar o valor en Wikidata
Coordenadas51°35′27″N 0°04′12″O / 51.5909, -0.07
PaísReino Unido Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Os tumultos en Inglaterra en 2011 foron unha serie de manifestacións violentas e criminais, ocorridos entre os días 6 e 10 de agosto de 2011, a principio en distritos de Londres, espallándose enseguida por outras cidades e vilas do país, onde houbo enfrontamentos entre a poboación e a policía, saqueos e incendios criminais.

Tras unha manifestación pacífica en 6 de agosto de 2011, convocada en protesta ao asasinato de Mark Duggan con armas de fogo por parte de oficiais da Policía Metropolitana de Londres no 4 de agosto de 2011, deu comezo un motín en Tottenham, no distrito de North London. Os días seguintes, o tumulto estendeuse a varios barrios e distritos de Londres e, finalmente, a outras áreas de Inglaterra. Os disturbios máis graves producíronse fóra de Londres, en Bristol e outras cidades de Midlands e do Noroeste de Inglaterra. Tamén houbo outros sucesos ligados a revoltas en moitas cidades menores de Inglaterra.

Os disturbios caracterizáronse como saqueos desenfreados e ataques incendiarios de niveis sen precedentes. Como resultado, o primeiro ministro británico David Cameron retornou antecipadamente das súas vacacións en Italia, o mesmo que fixeron outros gobernantes e líderes da oposición para atender o caso. Ademais, todas as vacacións da policía foron canceladas e o Parlamento foi convocado en 11 de agosto para debater a situación.

A partir do 15 de agosto, preto de 3.100 persoas foron presas, das cales máis de 1.000 foron acusadas. As detencións, acusacións e procesos xudiciais continúan, cos tribunais a traballar horas extras.

Cinco persoas morreron e polo menos dezaseis persoas resultaron feridas como resultado directo dos actos violentos relacionados. O valor estimado dos danos materiais foron calculados nunhas 200.000.000 £[Cómpre referencia], mentres que a actividade económica local se viu significativamente comprometida.

Adoita culparse á acción policial do inicio da revolta,[Cómpre referencia] sendo criticada a subseguinte reacción deste corpo como non axeitada nin suficientemente eficaz. Os tumultos tiveron xerado un continuo debate a nivel político, social e académico sobre as causas e o contexto en que aconteceron.