Tullio Bozza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tullio Bozza, nado en Nápoles o 3 de febreiro de 1891 e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 1922, foi un tirador de esgrima italiano, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou nos Xogos Olímpicos de 1920 de Antuerpen, logrando unha medalla de ouro en espada por equipos. Morreu dous anos despois aos 31 anos despois dunha longa enfermidade, foi famosa a súa historia de amor coa escritora Sibilla Aleramo quen escribiu baseados nestes amores e o seu final tráxico, o poema dramático en tres actos, Endimione [1]e que despois volveu tratar no poema Selva d'amore (1947)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sibilla Aleramo Orsa minore: note di taccuino e altre ancora