Saltar ao contido

Tuf Voyaging

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tuf Voyaging
 Instancia de
 Título
Tuf Voyaging (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Edicións
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
1986 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Nomeamentos
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Open LibraryOL1955947W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03r71q Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Tuf Voyaging é unha obra de ciencia ficción de 1986, recollida posteriormente nunha novela, escrita por George R. R. Martin. A novela é unha colección de relatos curtos, orixinalmente publicados de forma separada ó longo de varios anos. O primeiro relato publicado foi "A Beast for Norn" en 1976. O libro inclúe un prólogo e a liña temporal de S'uthlam (publicada en Analog Science Fiction and Fact), ademais doutro material ponte que permitiu converter as outras historias de Tuf nunha única novela episódica.[1]

Conta as aventuras de Haviland Tuf, un comerciante espacial alto, calvo, pálido, con sobrepeso, flegmático, vexetariano e amante dos gatos. Por mor das disputas e as tácticas desapiadadas da tripulación que contrata a súa nave comerciante, Tuf convértese de súpeto no amo da Ark, unha antiga e xigantesca nave espacial cunha poderosa e avanzada tecnoloxía de enxeñaría ecolóxica. Tuf viaxa pola galaxia, ofrecendo os seus servizos a mundos con problemas ambientais, e ás veces, impoñendo pola forza as súas solucións.