Coro celestial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O coro celestial é a xerarquía ou disposición dos anxos no ceo. Tradicionalmente os anxos están divididos en nove coros celestiais e tres tríades. Esta división aparece na iconografía medieval cristiá e no catolicismo non é dogma de fe.

Primeira traída - Reino dos Ceos
  1. Serafíns: Louvan eternamente a gloria de Deus. Tocan instrumentos e cantan. Rodean a Deus.
  2. Querubíns: Gardan a obra de Deus e os camiños que conducen a El. Representados como cabezas aladas.
  3. Tronos: Rexistran as accións dos homes.
Segunda traída - Entre o Ceo e a Terra
  1. Dominacións: Representados como soldados con coroa.
  2. Virtudes: Portadores de graza e valor.
  3. Potestades: Executores de prodixios e miragres.
Terceira tríade - Mundo dos homes
  1. Principados: Aconsellan ós poderosos, e protexen rexións amplas como poden ser nacións.
  2. Arcanxos: Segundo a tradición hebrea, hai sete arcanxos, nos textos cristiáns só se mencionan 3. O máis importante é San Gabriel, responsable da Anunciación. Representados cunha espada de fogo, porque na antiga tradición poñían en práctica a ira de Deus. Teñen contacto cos homes pero en misións máis importantes cos anxos.
  3. Anxos: Mensaxeiros de Deus. Aparecen ós homes baixo a forma dun soldado ou un vagabundo. Representados sen ás e cunha palmatoria. Axudan a cada persoa de xeito individual.

Esta distribución obedece á situación dos anxos respecto a Deus. Así, a primeira tríade está con Deus, a segunda entre o ceo e a terra e a terceira na terra, protexendo ós homes de xeito individual ou colectivo.