Troita á navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Troita á navarra

A troita á navarra é un prato clásico da cociña navarra.[1][2] Existen innumerábeis receitas deste tipo de peixe, pero por regra xeral consiste en encher a troita con faragullas de xamón e fritilo nunha tixola. Nalgunhas preparacións, en lugar de encher o peixe de xamón,[3] envólvese este con lonchas de xamón (empregando un escarvadentes que suxeita o conxunto). Nalgúns versións emprégase o touciño.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

Xa Aymerich Picaud gababa no Codex Calixtinus a elaboración deste peixe nos itinerarios da rota xacobea.[5] Ernest Hemingway menciona o prato nunha taberna navarra como homenaxe a un amigo seu morto nun encerro.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jaime del Burgo, Rafael Bozano, (1967), «Navarra»
  2. Néstor Luján, Juan Perucho, (2003), El libro de la cocina española, Tusquets, pp-199
  3. Teresa Barrenechea, (2005), «The cuisines of Spain: exploring regional home cooking»,Ten Speed Press, ISBN 1-58008-515-6, pp:227
  4. Andy Symington, (2003), «Northern Spain handbook»,Footprint Handbooks, ISBN 1-903471-15-X, pp:42
  5. Néstor Luján, Juan Perucho, (2003), El libro de la cocina española, Tusquets, pp-197
  6. José Luis Castillo Puche, (1968), «Hemingway, entre la vida y la muerte», pp:143