Saltar ao contido

Trofeo Internacional de Fórmula 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTrofeo Internacional de Fórmula 3
Tipocompetición deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportedeportes de motor Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia2011 – Editar o valor en Wikidata

O Trofeo Internacional de Fórmula 3 foi unha competición de Fórmula 3 organizada pola Federación Internacional do Automóbil que reunía carreiras independentes e datas dos principais campionatos de Fórmula 3. A única tempada, a de 2011, reuniu o Masters de Fórmula 3, o Gran Premio de Macau, o Gran Premio de Pau, a data da Fórmula 3 Británica do Circuíto de Spa-Francorchamps e a data da Fórmula 3 Euroseries de Hockenheimring.

O sistema de puntuación utilizado foi o que se usa actualmente para a Fórmula 1 e outros campionatos. Para poder participar neste trofeo os participantes tiñan que estar inscritos nalgún dos campionatos de F3 da tempada. Os tres mellores clasificados do trofeo teñen dereito á Superlicencia esixida pola F1.

O sistema de puntuación empregado foi o seguinte:

Posición 10º
Puntos 25 18 15 12 10 8 6 4 2 1

Campións

[editar | editar a fonte]
Ano Piloto Escudería Vitorias Puntos
2011 España Roberto Merhi Italia Prema Powerteam 4 133

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]