Trine Hansen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1973 (51 anos) Ringsted, Dinamarca (en) |
Actividade | |
Ocupación | remeira |
Nacionalidade deportiva | Dinamarca |
Deporte | remo |
Participou en | |
1996 | rowing at the 1996 Summer Olympics – women's single sculls (en) |
1992 | rowing at the 1992 Summer Olympics – women's quadruple sculls (en) |
Trine Hansen, nada en Ringsted o 19 de febreiro de 1973,[1] é unha remeira dinamarquesa. Participou principalmente na categoría de scull individual e gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 1996 e o ouro no Campionato Mundial de 1994. Competiu no club Sorø Roklub, mais cambiouse en 1997 a Roforeningen Kvik.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 18 anos de idade, en 1991 gañou o Campionato Mundial Xuvenil en scull individual.[3] Entre 1992 e 1999, Trine Hansen foi campioa dinamarquesa en scull individual. Con 19 anos, participou nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona, onde competiu na categoría de catro scull, na que obtivo o oitavo lugar.[4]
Logo dedicouse á categoría de scull individual, e despois de gañar o bronce no Campionato Mundial de 1993, conseguiu o seu mellor resultado ao ano seguinte en Indianapolis, onde se converteu en campioa mundial.[3] En 1996, foi escollida para competir nos Xogos Olímpicos celebrados en Atlanta, onde foi derrotada na final pola belarusa Yekaterina Karsten e a canadense Silken Laumann, polo que só obtivo un terceiro lugar. O último gran resultado internacional de Trine Hansen foi no Campionato Mundial de 1997, onde logrou un segundo lugar.
En 1999, decidiu suspender a súa carreira deportiva para concentrarse na súa educación e futuro civil, xa que ela era unha estudante na academia de policía.[2]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Xogos Olímpicos | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Proba |
1996 | Atlanta ( Estados Unidos) | W1X | |
Campionato Mundial | |||
Ano | Lugar | Medalla | Proba |
1993 | Račice ( República Checa) | W1X | |
1994 | Indianapolis ( Estados Unidos) | W1X | |
1997 | Aiguebelette ( Francia) | W1X |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ sports-reference.com (ed.). "Trine Hansen". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 "Trine Hansen stopper karrieren". Ritzau. 9 de xullo de 1999. Consultado o 17 de xullo de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 "Trine Hansen". worldrowing.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2021. Consultado o 17 de xullo de 2020.
- ↑ "Rowing at the 1992 Barcelona Summer Games: Women's Quadruple Sculls Final Round". sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2014. Consultado o 17 de xullo de 2020.