Saltar ao contido

Tribunal Supremo de Washington

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Tribunal Supremo de Washington
Imaxe do emblema
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
9 de novembro de 1889 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Xurisdición
 País
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/06dzw2 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Tribunal Supremo de Washington (en inglés, Washington Supreme Court) é a máxima instancia xudicial do estado de Washington (Estados Unidos). Fundado en 1889, ten a súa sede en Olympia e intégrano nove maxistrados cuxos veredictos poden ser recorridos ante o Tribunal Supremo dos Estados Unidos.

Competencias

[editar | editar a fonte]

A Constitución de Washington no seu artigo cuarto determina os poderes do Tribunal Supremo correspondéndolle garantir o hábeas corpus e o quo warranto (clarificar os poderes das autoridades) e exercer o mandamus (obrigar ao cumprimento) e o certiorari (exercer a revisión xudicial). Deste xeito, é a derradeira instancia de apelación estatal podendo revisar os casos dos tribunais subordinados.[1] Esa facultade faina a partir da documentación do proceso elaborada polo xulgado apelado mais non toma declaración ás partes ou ás testemuñas.

Nove xuíces conforman o Tribunal Supremo. Estes teñen mandato des de seis anos e son electos pola cidadanía mediante sufraxio nunhas eleccións nas que concorren candidatos independentes (os partidos políticos non poden presentar aspirantes).[2] Os maxistrados que compoñen o tribunal, escollen entre eles ao presidente (chief justice) para períodos de catro anos (mediante voto secreto). Ademais, os xuíces débense retirar ao cumpriren 75 anos.[1] Doutra parte, a sede do Tribunal Supremo está nun edificio chamado Templo da Xustiza en Olympia, a capital do estado de Washington.[3]

  1. 1 2 "Code Reviser Washington State Constitution". leg.wa.gov. Consultado o 2023-09-07.
  2. "Washington State Courts - Supreme Court". www.courts.wa.gov. Consultado o 2023-09-07.
  3. "Temple of Justice". des.wa.gov. Consultado o 2023-09-07.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]