Saltar ao contido

Tribuna Popular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tribuna Popular
 Título
    Tribuna Popular (es) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Lingua
Datas
 Data de comezo
xaneiro de 1914 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
1916 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
xaneiro de 1914 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
 País
Wikidata

Tribuna Popular foi un periódico editado en Ribadeo entre 1914 e 1916.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano de la Juventud Socialista y de la Sociedad de Mineros de Villaodrid, apareceu en xaneiro de 1914.[1] Decenario dirixido por José García Iglesias.[2] Mantivo polémicas con Las Riberas del Eo.[3] Acusado de anticlerical, o seu director foi denunciado por José García Reinante, párroco de Vilaselán, polo artigo "Moralidad católica" asinado por O Torto da Portela, aparecido o 2 de xullo de 1914.[4][5] Foi condenado a tres anos, seis meses e vinte e un días de desterro, 125 pesetas de multa e as costas o 20 de febreiro de 1916.[6] Cesou a súa publicación logo da declaración de guerra ao paralizarse os traballos das minas de Viloudriz, pero volveu aparecer en xullo de 1915.[7]

  1. ↑ Castropol, 20-1-1914, p. 7.
  2. ↑ El Progreso, 30-10-1914, p. 2.
  3. ↑ Castropol, 20-6-1914, p. 6.
  4. ↑ La Idea Moderna, 9-2-1916, p. 2.
  5. ↑ La Voz de la Verdad, 9-2-1916, p. 1.
  6. ↑ El Correo de Galicia, 21-2-1916, p. 1.
  7. ↑ El Progreso, 15-7-1915, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]