Tressis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O tressis (voz latina) foi unha moeda da Antiga Roma de bronce, de tempos da República, emitida nos séculos III e I a. de C., co valor de tres ases.[1][2][3]

Historia[editar | editar a fonte]

Esta moeda emitiuse inicialmente en dúas ocasións en bronce fundido durante o século III a. de C., na República de Roma: a primeira delas en torno ao ano 260 a. de C. e a segunda arredor de 215 a. de C., ambas saídas dos obradoiros monetarios de Roma.[4][5]

A marca de valor destas moedas consistía en tres liñas verticais (unha por cada ás).[6] Nos seus anversos amosan o busto da deusa Roma ollando á dereita. Nos seus reversos, os tressis da primeira emisión exhiben unha roda con seis raios e a marca de valor, en tanto que os da segunda emisión amosan a tradicional proa de barco característica da moeda romana de bronce desta época.[7][8][9]

Coincidindo coa introdución do denario en 211 a. de C. foi retirada da circulación, debido a que o seu grande tamaño dificultaba moito o seu uso.

Porén, o tressis reviviu monetáneamente no século I a. C., xa ao final da época republicana, nesta ocasión xa non fundida, senón cuñada, ao ser emitida entre o 38 e o 37 a. de C. polos prefectos da frota de Marco Antonio.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tressis". En Amandry (2001).
  2. "Tressis". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
  3. "Tressis Arquivado 06 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". En Vecchi, Italo. Italian Cast Coinage. Glossary of Terms. London Ancient Coins Ltd. 2013. Páxina 11. ISBN 978-0-9575784-0-1
  4. "Tressis". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.
  5. "Tressis". En Harl, Kenneth W. Roman Economy. 300 B.C. to A.D. 700. Glossary. The Johns Hopkins University Press. Baltimore/Londres, 1996. Páxina 483. ISBN 0-8018-5291-9
  6. "Tressis". En Roman bronze coins. www.moneta-romanae.com
  7. "Tressis". En Crawford, M. H. (1974)
  8. Fotografías e descricións de tressis. En Coinage of the Roman Republic Online.
  9. Descrición e fotografía dun tressis Arquivado 27 de marzo de 2019 en Wayback Machine.. British Museum.
  10. Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Tressis".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]