Tren de alta velocidade
Aparencia
| Tren de alta velocidade | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Un tren de alta velocidade (TAV), tren rápido ou tren bala é aquel que alcanza velocidades iguais ou superiores a 200 km/h sobre liñas existentes actualizadas, e 250 km/h sobre liñas especificamente deseñadas para tal efecto, segundo a UIC (Unión Internacional de Ferrocarrís).[1] En todos os casos trátase de vehículos e vías férreas desenvolvidas de forma conxunta, dado que as velocidades alcanzadas esixen de técnicas específicas.
O tren de alta velocidade está considerado como o medio de transporte máis seguro do mundo, por diante do avión.[2] Nos últimos 60 anos só houbo cinco accidentes con vítimas mortais, sendo o máis grave InterCityExpress.[3]

Trens de alta velocidade actuais
[editar | editar a fonte]- Tren de Alta Velocidade Talgo 350 (Renfe serie 102)
- Coche dianteiro dos trens ICE 3. Resalta a separación da cabina con vidro e a vista panorámica frontal, así como o abundante espazo entre asentos. Os cintos non son necesarios.
- O italiano ElettroTreno ETR 200 en 1939 foi o primeiro servizo comercial de tren de alta velocidade. Logrouse a marca mundial de velocidade media en 1939, alcanzando os 203 km/h, preto de Pistoya.
- O tren basculante italiano Novo Pendolino (ETR 610 ) pode alcanzar unha velocidade máxima de 250 km/h.
- ETR 1000.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. Consultado o 20 de outubro de 2010.
- ↑ "Leyendas urbanas sobre la alta velocidad". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2021. Consultado o 15 de decembro de 2021.
- ↑ "Trágico descarrilamiento en Alemania". La Nación. 4 de xuño de 1998. Consultado o 8 de outubro de 2019.