Trecento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Dante.png

O Trecento correspóndese co século XIV en Italia, un período considerado o comezo do Renacemento na historia da arte. Pintores como Giotto, o primeiro en usar a perspectiva na arte, tamén destacaron Andrea da Firenze, Simone Martini, Ambrogio Lorenzetti e Duccio di Buoninsegna.

O Trecento foi tamén famoso como tempo de importante actividade literaria, os escritores usan a súa lingua vernácula no canto do latín: Dante, Petrarca ou Boccaccio son os principais escritores desta época.

Tamén musicalmente o Trecento mudou respecto ó período anterior, agora ponse máis énfase na música secular, especialmente en cancións amorosas, boa parte da música que se conserva é polifónica, cunha forte influencia dos trobadores occitanos.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.