Trattegio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fresco estragado de Andrea Mantegna da capela Ovetari.

O tratteggio é un tipo de reintegración cromática empregada na conservación e restauración para proporcionarlle ao ben patrimonial a súa lexitimidade e facilitala súa lectura evitando que a atención se centre na falta de material en vez de na obra.

Características[editar | editar a fonte]

Esta técnica, creada en 1939 polo Istituto Centrale dei Restauro en Roma, pretende cubrir a lagoa ou falta de capa pictórica dunha obra para que resulte imperceptible desde lonxe pero que sexa visible ao aproximarse a obra e observala de preto. O que se pretende é mostrar que se trata dunha intervención actual e que, polo tanto, non forma parte de orixinal.

A metodoloxía consiste na creación dun xogo visual (teorías da Gestalt) coa interpolación das cores mediante o emprego de trazos ou liñas unhas por riba das outras, isto é, mesturadas cromaticamente na superficie, crean unha trama pictórica para ser observada a certa distancia. As cores empregadas son primarias e aplícanse con acuarela sobre un fondo branco (estucado ou preparación que se aplicaba encima do lenzo). Esta técnica, a diferenza do rigattino, non utiliza cores aproximadas senón primarias e, as liñas que son paralelas no rigattino son liñas entrecruzadas.

As dúas tipoloxías máis habituais fanse en función da reconstrución do tecido pictórico. Por un lado, o tratteggio de liñas cruzadas que adoita ser empregado en lagoas de grandes dimensións ou pola ausencia de referencias formais imitables. Mentres que, por outro lado, o tratteggio direccional procura reproducir a dirección das pinceladas ou de volumes (en caso de escultura policromada).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • VILLARQUIDE, A.: Alteraciones, materiales y tratamientos de restauración. Nerea, 2005. P. 366 - 376

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]