Tratado de Batman
Tratado de Batman foi un documento firmado o 6 de xuño de 1835 por John Batman, un gandeiro, empresario e explorador de Australia, e un grupo de anciáns Wurundjeri para a compra de terras nos arredores de Port Phillip, preto da actual cidade de Melbourne.
O documento deuse a coñecer co nome de Tratado de Batman e consíderase significativo xa que representa o primeiro e único acto de negociación das terras entre os colonos europeos e os aborixes australianos, que eran os propietarios orixinais das mesmas.[1] O tratado foi declarado nulo o 26 de agosto de 1835 polo gobernador de Nova Gales do Sur, Richard Bourke, sobre a base de que o pobo Wurundjeri non ten dereito a comerciar coa terra, que foi reclamada como pertencente á Coroa británica.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Richard Broome, pp10-14, Aboriginal Victorians: A History Since 1800, Allen & Unwin, 2005, ISBN 1741145694, ISBN 9781741145694
- ↑ National Archives of Australia, Governor Bourke's Proclamation 1835 (UK) Arquivado 25 de xullo de 2008 en Wayback Machine. Consultado o 3 de novembro de 2008
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Imaxes e transcrición do tratado de Batman (en inglés)
- Museo Nacional de Australia Arquivado 21 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Transcrición no Museo Nacional de Australia Arquivado 19 de abril de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Descrición no Museo Nacional de Australia (en inglés)