Tratado Thomson-Urrutia
O tratado Thomson-Urrutia foi asinado en Bogotá entre os Estados Unidos e Colombia, o 6 de abril de 1914 polo plenipotenciario norteamericano Thadeus A. Thomson e por Francisco José Urrutia de parte de Colombia. O seu obxectivo era solucionar o conflito entre estadounidenses e colombianos, provocados polo apoio que brindou os Estados Unidos á separación de Panamá de Colombia en 1903. Sendo ratificado polo Congreso dos Estados Unidos, sete anos despois da súa sinatura (en abril de 1921) e 18 da declaración de independencia.[1]
En virtude deste tratado, ámbolos dous países acordaron entre outros puntos:
- O dereito de Colombia de transportar tropas, buques e materiais de guerra sen pagar peaxe pola Canle de Panamá.
- O pago a Colombia a suma de 25 millóns de dólares, en indemnización pola separación de Panamá.
- O recoñecemento por parte de Colombia e a fixación de límites fronteirizos con Panamá de conformidade co indicado na Lei colombiana do 9 de xuño de 1855.
- A exoneración de todo imposto e dereito ós produtos agropecuarios e da industria colombiana que pasen pola Canle, así como o correo.
Panamá non tivo ningunha participación na negociación do tratado, nin tampouco lle deu o dereito ós Estados Unidos para que actuase no seu nome. Ó aprobarse devandito tratado, Panamá protestou e non recoñeceu eses límites en vista de que ningún dos dous países asinantes podían obrigala a cumprilo.
Os límites foron determinados polo tratado Victoria-Vélez, do 20 de agosto de 1924 e son os mesmos límites que fixou a Lei de 1855.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El tratado Urrutia - Thomson | CREDENCIAL HISTORIA. NO 165". Revista Credencial Historia. setembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2017. Consultado o 26 de agosto de 2017.