Trasgu
Aparencia
Trasgu | |
---|---|
Orixe | Avilés, Asturias , España |
Período | 1979 - ¿? |
Xénero(s) | folk |
Membros | Herminia Álvarez Santiago Gutiérrez Marcelino García Javier Cervero Juanjo González Ignacio Pozo Pepe Gamero |
Na rede | |
Trasgu foi un grupo de música folk avilesino (Asturias, España), creado no ano 1979. Pioneiro do folk asturiano, trátase do primeiro grupo deste estilo en Asturias que publicou un traballo discográfico, La isla de Hélice. Tamén foi o primeiro grupo que mesturaba instrumentos tradicionais acústicos con electrónicos máis modernos, como o baixo eléctrico ou os sintetizadores.
No ano 1982 participaron no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
Membros
[editar | editar a fonte]* | Herminia Álvarez | Arpa, guitarra, voz |
* | Santiago Gutiérrez | Gaita asturiana, percusións |
* | Marcelino García | Violín, rabel, punteiro, percusións |
* | Javier Cervero | Frauta, zanfona, punteiro e voz |
* | Juanjo González | Piano, clave, órgano, sintetizador |
* | Ignacio Pozo | Baixo eléctrico |
* | Pepe Gamero | Técnico de son nos directos |
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]* | La isla de Hélice | (1983) |